Persoal de administración e servizos

Mobilidade internacional

Erasmus+

O Programa Erasmus+ ofrece a oportunidade de realizar actividades de formación (STT) temporal nun centro educativo con países cos que se teñan asinados acordos en Europa ou con institucións de países extracomunitarios: Erasmus+ KA131 e Erasmus+ KA 171.

Esta oportunidade está ao alcance de todo o Persoal de Administración e Servizos (PAS) da Universidade de Vigo. Estas experiencias e intercambios contribúen a mellorar as habilidades lingüísticas e o recoñecemento cultural do país de destino así como ofrecer unha nova perspectiva sobre prácticas e enfoques pedagóxicos. 

Máis información sobre o programa Erasmus+: 

  • Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE)                                                   

                                                   Gif da SEPIE

En cada ano natural poderá gozarse dun máximo de 15 días naturais de permiso para asistir a programas de intercambio e mobilidade internacional.

O persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo que desexe realizar unha mobilidade no extranxeiro poderá facelo na modalidade STT do programa Erasmus+.

consulta as convocatorias

O Programa Erasmus+ KA 171 permite realizar a mobilidade nunha institución educativa superior en países extracomunitarios.

As prazas e oportunidades dispoñibles varían segundo cada convocatoria. 

consulta as convocatorias

Os Blended Intensive Programmes (BIPs) son programas intensivos de curta duración, que se enmarcan dentro do novo Programa Erasmus+ 2021/2027 e que empregan métodos innovadores de aprendizaxe e ensino, incluíndo o traballo colaborativo en liña.

Ó permitir formatos de mobilidade novos e máis flexibles que combinan a mobilidade física cun compoñente virtual, os programas intensivos combinados aspiran a chegar a todo tipo de participantes, de calquer orixe, campo de estudo e ciclo. 

Cada Erasmus+ BIP é organizado por un grupo de mínimo 3 universidades de 3 países diferentes. 

Neste caso, o PAS pode participar en estadías combinadas de formación (STT) e ademais ten a oportunidade de presentar unha proposta de coordinación dun BIP con outras universidades.
 

consulta as convocatorias


Outros programas

O programa Stella ofrece a posibilidade de realizar mobilidades profesionais e intercontinentais ó personal de administración e servicios das universidades socias do Grupo Compostela de Universidades (GCU) e do Consorcio para a Colaboración na Educación Superior en América do Norte (CONAHEC). 

Trátase dunha oportunidade de aprender como se traballa nos diferentes departamentos das universidades participantes no programa e de vivir unha experiencia multicultural, a través de estadías temporais noutras institucións de educación superior.

Consulta as convocatorias

O Programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal - Profesores; Investigadores; Persoal de Administración e Servizos (PAS), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación.

Esta iniciativa da Eurorrexión é pioneira en Europa e a GNP, AECT é a súa entidade xestora.

 

Más información:

Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 550
outgoing.ori@uvigo.gal