Man que sostén un mapamundi

Proxectos internacionais

Proxectos internacionais educativos

Un dos obxectivos da Universidade de Vigo, dentro da súa política de internacionalización, é apoiar activamente a participación da comunidade universitaria en proxectos internacionais de innovación educativa, a cooperación internacional, o intercambio de boas prácticas, a construción de capacidades ou o asociacionismo estratéxico, especialmente no marco das convocatorias publicadas pola Unión Europea e pola EACEA, pola AECID ou a Xunta de Galicia.

 

Proxectos internacionais de investigación

A Universidade de Vigo participa de xeito activo en proxectos de investigación de ámbito internacional. Toda a información sobre os programas, as convocatorias e outras iniciativas está dispoñible aquí


Se queres máis información sobre os distintos proxectos nos que participa a Universidade de Vigo, visita a web da Oficina de Proxectos Internacionais:
 

Visita a web da OPI

 

Máis información:

Oficina de Proxectos Internacionais
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 287 | 986 813 954 | 986 812 052
opi@uvigo.gal