banner superior da Universidade Europea ATHENA

Universidade Europea ATHENA

A Universidade de Vigo forma parte da Universidade Europea ATHENA, unha alianza de dez institucións de ensino superior e de investigación

iniciativa "Universidades Europeas" forma parte do programa Erasmus+ 2021-2027 e nace co obxectivo de apoiar a 60 Universidades Europeas integradas por máis de 500 institucións de educación superior para mediados de 2024. 

O consorcio Advanced Technology Higher Education Network Alliance (ATHENA) é un dos proxectos pilotos de Universidades Europeas seleccionados pola Comisión Europea en 2020. Ademais da Universidade de Vigo, o consorcio, está integrado actualmente polas seguintes institucións académicas: 

Mapa das universidades socias de ATHENA

A alianza ATHENA conta adicionalmente coa participación doutras institucións de educación superior en calidade de asociados:

Tamén integra redes de cooperación transfronteiriza, que ademais de toda a súa experiencia, recursos e coñecemento, contribúen a ampliar o alcance xeográfico a alianza:

ATHENA representa unha visión holística da educación superior que combina características distintivas para desenvolver unha mentalidade crítica e transformadora no noso alumnado, preparándoo para unha cidadanía global activa.

Os selos distintivos educativos de ATHENA inclúen a empregabilidade do estudantado, a inseparabilidade da educación, a investigación e a transferencia, a equidade e a inclusión, os valores democráticos, a internacionalización, a conexión coa industria e a sociedade en xeral, a transición fluída da educación ao traballo, a interdisciplinariedade, a multiculturalidade, a mentalidade empresarial e a eficiencia.

Web de ATHENA

 

Trátase de alianzas transnacionais co obxectivo de liderar o camiño ás universidades do futuro, promovendo os valores e a identidade europeos e revolucionando a calidade e a competitividade da educación superior europea.

As alianzas inclúen socios de todo tipo de institucións de educación superior de diferentes áreas xeográficas en Europa, para ofrecer currículos centrados en cada estudante e impartidos conxuntamente en campus interuniversitarios, onde dispoñen de diferentes opcións de mobilidade. Todo isto, dende un enfoque de cooperación interdisciplinar para abordar os problemas da Europa de hoxe en día

Ao colaborar con aproximadamente 1300 socios, como organizacións non gubernamentais (ONG), empresas, cidades ou autoridades locais e rexionais, as Universidades Europeas poden aumentar substancialmente a calidade e o alcance da educación superior en Europa.

 

 

Máis información:

Oficina ATHENA
Programa de Universidades Europeas
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
athena-office@uvigo.gal

Instagram  youtube  ​​​Linkedin