O meu identificador na UVigo

Cando chegues á Universidade de Vigo terás un identificador, tamén chamado usuario, que poderás utilizar como acceso único á maioría dos servizos.

Este usuario servirá para identificarte tanto durante a túa etapa universitaria como unha vez que deixes a Universidade de Vigo. Este identificador consta de dúas partes:

  • NIU, o número de identificación universitaria
  • Nome de usuario, que coincidirá co nome da túa conta de correo UVigo

Aínda que estas partes están conectadas, actualmente aínda teñen claves independentes, polo que dependendo do servizo ao que pretendas acceder ou de como te queiras identificar precisarás coñecer a clave asociada ao NIU ou a clave asociada á conta de correo.

 

Acabas de chegar? De seguro que podes tirar proveito desta pequena axuda para comezar:

Acabo de chegar á UVigo

 

Existe unha web onde se recollen todos os titoriais e manuais puntualmente actualizados pola Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións ATIC, á que podes acceder desde aquí, mais a seguir ofrecemos unha listaxe dos contidos relacionados directamente co teu identificador da Universidade de Vigo:


Tarxeta Universitaria

Unha vez que dispoñas do teu identificador na UVigo poderás dispor da túa TUI (Tarxeta Universitaria Intelixente).

Se instalas a app móbil, disporás da TUI no móbil.

App móbil

Unha vez que accedas á Secretaría e o teu perfil quede completamente inicializado poderás comezar a empregar a app móbil.