Curso académico 2016/2017

Prazas ofertadas:

Incorporación de estudantes:

  • Para poder matricularse en primeiro curso por primeira vez en titulacións oficiais hai que ter concedida previamente a admisión. A preinscrición farase polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) a través dos procedementos telemáticos establecidos (https://ciug.gal). O calendario de preinscrición pode consultarse na https://ciug.gal/calendariopreins.php

Na Universidade de Vigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a persoa convocada pola CiUG para matricularse nunha titulación oficial, no momento no que a formalice a través da secretaría virtual, quedará matriculada independentemente de que entregue ou non a documentación necesaria e de que os prezos públicos estean ou non aboados. O feito de non entregar a documentación e/ou non aboar os prezos públicos non implica que a matrícula non estea formalizada nin a anulación automática da mesma.

Matrícula:

 

Resolución reitoral do 13 de xullo de 2016 pola que se establece o prezo de matrícula, no curso 2016/2017, para o alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos, que non teña a condición de residente, excluídos/as os/as nacionais de estados membros da Unión Europea e aqueles/as a quen sexa de aplicación o réxime comunitario, tanto en grao como en máster.

Resolución reitoral do 5 de decembro de 2016 pola que se autoriza un prazo de matrícula extraordinaria no curso académico 2016/2017 para o alumnado da titulación de Enxeñaría Industrial que ten pendentes materias de 5º curso.

 

 

 

 

 

 

 

 

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise