Servizo de Xestión Económica e Contratación

Campus universitario As Lagoas, Marcosende

36310 Vigo

Fax: 986 813 857

 

Función

Ao Servizo de Xestión Económica e Contratación correspóndelle xestionar administrativamente todos os procesos de contratación pública encamiñados á adxudicación, nas súas distintas modalidades, dos contratos correspondentes ás obras, subministracións, consultoría/asistencia/servizos e xestión de servizos públicos/xestión do patrimonio da Universidade de Vigo, así como, desenvolver, no ámbito dos Servizos Centrais, a xestión económico-administrativa derivada da adquisición de bens, produtos e servizos centralizados ou xerais da Universidade.

Integrámolo un conxunto de persoas que traballamos para que as necesidades e demandas de toda a comunidade universitaria en infraestruturas (facultades, escolas, bibliotecas, instalacións deportivas, aparcadoiros, reparacións menores etc.), en subministracións e equipamentos (de laboratorios, de centros, adquisicións xerais etc.), en servizos (vixilancia, limpeza, xestión de axudas de custos e bolsas centralizadas etc.), ou en concesións (cafetarías, comedores, reprografía, etc.), sexan atendidas dun xeito responsable e axil, ao someter as nosas actuacións aos principios de transparencia, legalidade, eficacia e eficiencia, e ao buscar sempre acadar altas cotas de calidade e a maior satisfacción de todas as persoas usuarias.
 

Visión

Encadrados nunha institución que ocupa un papel central no desenvolvemento cultural, económico e social dun país, e que pretende ser moderna, de calidade e con maiores niveis de excelencia, e influír positivamente en todos os ámbitos da sociedade, esforzarémonos en establecer dinámicas de progreso na procura dun servizo que ten como retos:

  1. Ser líderes na transmisión de valores sociais (fomentando a igualdade, a democracia e a participación), na promoción e defensa de valores ambientais e ecolóxicos, na protección da seguridade e a saúde e na difusión de actitudes e comportamentos éticos respecto do cumprimento da norma polas persoas usuarias e polos provedores de bens e servizos á Universidade.
  2. Acadar maiores cotas de satisfacción dos usuarios/as, ao incrementar o grao de participación na toma de decisións e na planificación, e ao facilitar a emisión de xuízos de valor e a formulación das propostas de mellora (suxestións, queixas, reclamacións etc.)
  3. Incrementar a racionalización, documentación e simplificación dos procesos de xestión económica xerais da Universidade en coordinación con todos os sectores implicados.

Neste sentido comprometémonos:

  1. Coa implantación de técnicas de mellora e coa nosa formación continua, a responder ás demandas e esixencias dos usuarios/as adaptándonos permanentemente a elas e rendindo contas dos resultados da xestión.
  2. Contribuír e promover a incorporación das TIC na Universidade e na sociedade en xeral, ao mellorar a accesibilidade e a transparencia dos procesos (aos usuarios/as e á sociedade no seu conxunto).
  3. Lograr un maior grao de coordinación cos servizos, centros e unidades da Universidade e impulsar a cooperación coas administracións afíns e aqueloutras coas que se manteña relación.
Puesto
Nombre
Teléfono
Correo electrónico
Jefe de Servicio
Jesús Bello Condide

986 813 791

Jefe de la Sección de Contratación de Suministros, CPI y Administrativos Especiales
Alberto López Abel

986 813 556

Jefe de la Sección de Contratación de Obras, Servicios y Privados
Sergio Amador Pajares Domínez

986 813 551

Jefa de Sección de Gestión Económica
Isabel Vázquez Vázquez

986 813 767

Jefa de Área de Gestión Económica
María Jesús Vadillo Lapera

986 813 768

Responsable de Asuntos Económicos, Servicios Centrales
Cristina Villaverde Costa

986 813 767

Responsable de Asuntos Económicos, Servicios Centrales
Elisa Isabel Pazos Iglesias

986 813 752

Responsable de Asuntos Económicos, Servicios Centrales
Ana María Olmedo Revuelta

986 813 752

Jefa del Negociado de Contratación
Malena Lamela Mariño

986 813 556

Jefe del Negociado de Contratación
Mónica Méndez López

986 813 556

Jefa de Negociado de Contratación
Eva Baltar Simón

986 813 571

Puesto base
Diego Jesús García Campos

986 813 768

Puesto base
Patricia Outeiral Rial

986 813 571

 
Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal