Dentro do marco xeral dos programas de formación das aulas de formación aberta da Universidade de Vigo desenvólvese o Programa para maiores: un proxecto de desenvolvemento científico-cultural dirixido a promover a ciencia e a cultura nas persoas maiores, ao mesmo tempo que as relacións interxeracionais. Coa posta en marcha deste programa nos seus tres campus, a Universidade de Vigo pretende facilitarlles ás persoas adultas o seu desenvolvemento persoal e social, e colaborar con eles, en xusta correspondencia co que eles co seu traballo e esforzo achegaron á nosa institución. Trátase, pois, dunha oferta de estudos para as persoas que, por diferentes razóns, non puideran acceder á universidade no seu momento ou que, sendo xa titulados, se atopen en idade inhabitual para as tarefas académicas.
PORTAL DO PROGRAMA PARA MAIORES
Normativa Programa para Maiores da Universidade de Vigo (Consello de Goberno 23/06/2015)
ACTO DE GRADUACIÓN
Convocatoria acto de graduación outubro 2017
Solicitude para participar na graduación (word)
CONTACTO
Campus de Vigo: 986 813 626 maiores.vigo@uvigo.es
Campus de Pontevedra: 986 801 909 maiores.pontevedra@uvigo.es
Campus de Ourense: 988 387 102 maiores.ourense@uvigo.es
Documento PDF