Comedores e cafetarías

Existen comedores e cafetarías en varias escolas e facultades que están identificados no seguinte mapa coas seguintes iconas:

Pola súa banda, a área comercial da cidade universitaria está divida en dúas partes diferenciadas, nas que se atopan os locais que dan servizo á comunidade universitaria. A primeira delas está composta por locais de servizos e oficinas e na segunda, cuberta e cunha gran zona de restauración con terraza común, intégranse os locais de hostalaría.

Nesta última zona, nun lateral da praza Miralles, atópanse locais como:

  • Café Leonardo, con actuacións e xogos
     
  • Cervecería Café Colorado, cun particular ambiente de reunión
  • Máquinas de vending para atender a demanda fóra de horarios
  • Cafetería Reca, para comidas e demais servizos
  • Restaurante Batracio, cun menú económico e comida caseira
  • Bocatería Papos, que dá calidade e rapidez ás comidas universitarias
Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal