Desenvolvemento de aplicacións de xestión corporativas
Dende a ATIC xestiónanse e adminístranse todas as aplicacións corporativas da Universidade de Vigo que serven de apoio nas tarefas organizativas docentes e de xestión.
Encárganse de todas as aplicacións informáticas da Universidade de Vigo relacionadas coa súa xestión e organización.
Entre as principais aplicacións corporativas temos:
- Xestión da investigación (SUXI)
- Rexistro e validación da produción científica
- Xestión de proxectos de investigación
- Xestión de actividades de I D
- Xestión da transferencia tecnolóxica (patentes)
- Xestión de convocatorias de axudas
- Xestión de comercialización
- Xestión académica (Xescampus)
- Matrícula do 1.º, 2.º ciclo, grao e mestrados
- Xestión de taxas (cobros, domiciliacións, devolucións, morosidade)
- Xestión de bolsas do MEC e propias (colaboración, mestrados, comedor e residencias)
- Xestión académica (actas, convocatorias, notas, traslados, títulos, renuncias, certificacións)
- Elaboración e xestión do POD
- Elaboración de guías docentes (DocNET)
- Elaboración das guías docentes de centro, titulación e materia
- Elaboración das guías de aprendizaxe
- Deseño do perfil de competencias da titulación
- Xestión económica (Xesticonta)
- Documentos de execución do orzamento
- Control da execución das partidas orzamentarias
- Pagamentos a terceiros
- Rexistro de facturas recibidas
- Xestión do patrimonio (Sorolla)
- Xestión orzamentaria
- Xestión do patrimonio mobiliario e inmobiliario
- Xestión administrativa e contable
- Xestión do persoal (Meta4)
- Xestión de persoal (PAS e PDI)
- Xestión de retribucións
- Xestión de seguros sociais
- Xestión dos procesos de selección
- Formularios web (concursos de traslados, inscrición nos procesos selectivos)
- Xestión de cursos de formación permanente (Bubela)
- Xestión de cursos de formación do profesorado
- Xestión de cursos de formación do PAS
- Xestión de cursos do Centro de Linguas
- Xestión de cursos de Extensión Universitaria
- Actividades formativas de escolas e departamentos
- Cursos para maiores
- Aplicación para a xestión da Área de Calidade
- Xestión das enquisas de avaliación docente (EAD)
- Informes de avaliación docente
- Bolsas de colaboración na EAD
- Valoración da actividade docente (VAD)
- Indicadores de produción docente
- Resultados do VAD
- Secretaría Virtual
- Consulta da nómina
- Consulta do certificado da renda
- Consulta das axudas de acción social
- Conexión coa aplicación de investigación (SUXI)
- Conexión coa secretaría virtual do profesorado
- Sistema de información de axuda a dirección
- Xestión do Rexistro (InveSicres)
- Tramitación e xestión do Rexistro de entrada
- Tramitación e xestión do Rexistro de saída
Tamén se presta soporte aos usuarios/as para a:
- Resolución de dúbidas e consultas do persoal dos servizos da Universidade de Vigo no uso das aplicacións informáticas
- Xeración de diversos listados especiais para os servizos, vicerreitorías etc.
- Xestión das tarxetas universitarias e resolución das incidencias relacionadas con estas
- Xeración do número de identificación universitaria (NIU)