Preguntas frecuentes (FAQ)

Como solicitar un servizo

No apartado Formularios atópanse os documentos a cumprimentar para a solicitude dos servizos máis comúns. Si o servizo desexado non pode ser solicitado a través dos formularios póñase en contacto co servizo de atención ó usuario.

Como obter unha conta de correo electrónico

Os pasos a seguir na obtención dunha conta de correo electrónico son os seguintes:

  1. Cubrir o formulario de solicitude que pódese conseguir no apartado Formularios.
  2. Enviar o formulario debidamente cuberto e por mail ó servizo de atención ó usuario.
  3. Una vez recibida a solicitude o SAUM tramitará a petición e porase en contacto con vostede para comunicarlle os datos relacionados coa conta solicitada.

SAUM

  • ¿Que é o SAUM?

    "O Servizo de Atención ó Usuario" é o punto de unión entre os usuarios e os Servizos Informáticos. Deste xeito, os usuarios diríxense a un único e-mail ou teléfono evitando perdas de tempo cando precisan resolver calquer tipo de problema informático.

  • ¿Como me poño en contacto co SAUM?

    A forma máis común de poñerse en contacto co SAUM é mediante e-mail ou teléfono, dispoñibles aquí.

  • ¿Como solicitar un servizo nos Servizos Informáticos?

    No apartado Formularios atópanse os documentos a cubrir para a solicitude dos servizos máis comúns. Si o servizo desexado non pode solicitarse a través dos formularios póñase en contacto co servizo de atención ó usuario.

  • ¿Como paga-los servizos realizados polos Servizos Informáticos?

    Nos servizos de pago, deberá axuntarse ó formulario correspondente unha fotocopia da Retención de Crédito firmada polo Responsable de Asuntos Económicos.

REDE DE DATOS

REDE TELEFÓNICA

  • ¿Como podo dar altas, baixas ou modificacións na rede telefónica?

    Para elo terás que cubrir o formulario correspondente. Toda a información a tes aquí.

SOFTWARE

  • ¿Que software dispoñible temos na Universidade de Vigo e qué prezo ten?

    Na Universidade de Vigo temos licencias de campus para algúns produtos, que son gratis para os usuarios e licencias individuais doutros produtos. Toda a información atópase aquí.

VIRUS

  • ¿Como podo estar protexido contra virus?

    O mellor é dispor dun antivirus legal e actualizado. A Universidade de Vigo ten un antivirus de campus que todos os usuarios deberán instalar no seu ordenador. Para o cal temos que seguir as instrucións especificadas aquí.

  • ¿Como podo elimina-los virus do meu ordenador?

    Co antivirus de campus estamos protexidos case por completo de todos os virus. En caso de non ser capaces de eliminar un virus, podemos solicitar axuda ó SAUM.

CORREO

  • ¿Como solicito unha conta de correo?

    Pode solicitar a súa conta aquí.

  • ¿Como configuro o meu correo electrónico nun PC?

    Pinche aquí para consultar o manual de configuración.

  • ¿Como podo ler o meu correo dende calquer lugar do mundo?

    Para o cal preciso dun ordenador conectado a Internet que teña instalado calquer navegador. Conectándome o Correo Web co meu usuario e a miña contrasinal podo ler e enviar o correo.

  • ¿Como me dou de alta ou baixa nas listas de correo?

    Aquí atópase toda a información referida ó manexo de listas.

PÁXINAS WEB

  • ¿Como podo colgar unha páxina web nos servidores web da Universidade?

    Aquí temos a información para colgar as páxinas web nos nosos servidores.

  • ¿Como podo enlazar un servidor web ó servidor da Universidade?

    Para o cal hai que cubrir o Formulario de Solicitude de Aloxamento Web. Se é aceptado, procederase a realizar o enlace.

VIDEOCONFERENCIAS

  • ¿Como podo realizar videoconferencia nos centros da Universidade?

    Toda a información atópase aquí.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal