Normas e características de emprego do servidor de reenvío HTTP (proxy)

  • Este servizo ten unhas normas básicas de uso. En caso de que sexan modificadas as modificacións serán recollidas neste documento.

  • Este servizo ten como finalidade que os membros da comunidade universitaria o empreguen para acceder ás publicacións e revistas contratadas pola Universidade de Vigo e non debe ser usado caso con fins distintos a este.

  • O uso debe de ser o normal dende un navegador e non está permitido o uso de "crawlers" ou programas de descarga automática ou masiva de contidos a través deste servizo. En caso de detectarse este tipo de uso por parte dun usuario retiraráselle o acceso a este servizo.

  • O usuario e contrasinal empregados son os mesmos que para o usuario de correo que se teña, polo tanto as precaucións no uso do contrasinal deben ser as mesmas, non debendo o usuario comunicar o seu contrasinal a terceiros nin permitir o emprego da súa conta por outros usuarios.

  • Se accede dende un ordenador de uso público (cibercafé, aula pública de internet, etc.) empregando este servizo debe asegurarse de que cando deixe de facer uso do mesmo pecha todas as fiestras do navegador existentes no ordenador que estaba a usar, xa que de non ser así este poderá gardar o usuario e contrasinal do usuario, que poderán ser empregados por outra persoa, xa sexa de forma intencionada ou non.

  • Neste servidor de reenvío, e con arreglo á lexislación vixente, podrá filtrarse o acceso a determinadas páxinas web de destino en caso de que que exista coñecemento suficiente de que a páxina de destino está a infrinxir a lexislación vixente, de acordo co previsto na "Ley de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico" (LSSI).

  • Neste servidor mantense un rexistro das solicitudes de páxinas efectuadas ó mesmo. Este rexistro mantense únicamente para poder detectar e resolver problemas de funcionamento e para resolver posibles incidentes de seguridade que afecten ó servizo. Os datos neste rexistro só se gardan durante o tempo necesario para este uso e serán empregados únicamente con este fin ou para obter estadísticas de uso do servidor conforme os termos indicados na lexislación vixente.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal