Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfaces

Descripción

O Doutoramento en “Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases” é un programa propio da Universidade de Vigo, adscrito á Facultade de Química. Este programa de doutoramento é continuación do que se impartiu ata 2012 e que obtivo a Mención de Excelencia no 2010. O programa de doutoramento realízase en colaboración co centro de investigación cooperativa en Biomateriales (CIC biomaGUNE) de San Sebastian. O obxecto desta colaboración é profundar no coñecemento dalgúns aspectos da nanociencia nos que os investigadores da Uvigo e do biomagune realizan investigacións complementarias. A ciencia de Coloides e Interfases desempeña un papel crave en sectores tan variados como alimentación, farmacia, cosmética, novos materiais, nanotecnoloxía, etc. Estes sectores atópanse entre os máis activos en canto a desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica, e por tanto, entre os que presentan unha maior capacidade de absorción de doutores cara ao futuro próximo. A Química Supramolecular, a Nanociencia, e o control de propiedades a través de deseño molecular son expresións que cada día aparecen con máis frecuencia en textos relacionados coa tecnoloxía. Gran parte das propiedades ópticas, eléctricas ou mecánicas dos materiais modernos dependen das posibilidades de deseñar nanoestructuras de compostos puros e/ou mesturas. O uso de estruturas supramoleculares é cada vez máis frecuente na industria farmacéutica, de catalizadores, etc. Algo análogo pode dicirse respecto ao deseño de sensores químicos e biolóxicos, e á viabilidade de tecnoloxías como a nanoelectrónica

icono_webWeb

icono_pdfMemoria

icono_webRexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)

Información:

Centro: Facultade de Química

Campus: Campus de Vigo

Coordinador/a: Hervés Beloso, Juan Pablo (jherves@uvigo.es)

Prazas de novo ingreso: 12

Comezo impartición: 01/10/2013

Data de publicación no DOG: 21/01/2014

Data de publicación no BOE: 11/03/2014

Dirección: Edificio de Ciencias Experimentais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende 36310 Vigo Pontevedra

Teléfono: 986813500

Web: http://quimica.uvigo.es

Liñas de investigación

  • Formación e propiedades ópticas de nanoestruturas utilizando nanopartículas metálicas
  • Propiedades fisicoquímicas das emulsións
  • Reactividade química en medios micelares
  • Catálise en presenza de medios coloidais
  • Estudos por simulación da síntese de nanopartículas
  • Nanotubos de carbono como soporte para novos materiais
  • Auto-organización de nanopartículas coloidais
  • Síntese e caracterización de nanopartículas metálicas
  • Síntese de nanopartículas funcionalizadas con fluoroforos, aminoácidos e péptidos emisivos para a súa aplicación como sensores químicos de luminescencia
  • Estudos de nanotoxicidade en tecidos de organismos mariños mediante fluorescencia de nanopartículas funcionalizadas
  • Catálise de reaccións orgánicas usando soportes coloidais
  • Síntese e propiedades de nanoestruturas tridimensionais
  • Fabricación, propiedades e aplicacións de materiais nanoestructurados
  • Reactividade en agregados coloidais. Nanocatálise
  • Biosuperficies e Nanomateriais Biofuncionais
  • Resonancia Magnética
  • Nanosensores químicos
  • Estudos por simulación de síntese e autoensamblaxe de sistemas coloidais

Tesis Leídas

Titulo
Autor
Fecha Lectura
Directores
Mención Internacional
Sensores y Actuadores baseados en Nanocompostos de Nanotubos de Carbono
Óscar, Ameneiro Prieto
02/04/2019

Miguel Ángel, Correa Duarte

SI
ESTRATEXIAS PARA A OPTIMIZACIÓN DA EFICACIA ANTIOXIDANTE EN EMULSIÓNS ALIMENTARIAS ENRIQUECIDAS CON OMEGA 3
María Josefa, Freiría Gándara
09/07/2018

Sonia, Losada Barreiro

SI
FABRICACIÓN E CARACTERIZACIÓN DE NOVOS MATERIAIS HÍBRIDOS BASADOS EN NANOPARTÍCULAS METÁLICAS PARA DETECCIÓN MEDIANTE SERS
Verónica, Montes García
12/12/2017

Jorge, Pérez Juste

SI
Deseño e fabricación de biosensores plasmónicos nanoestructurados para deteción SERS
Sarah de, Marchi Lourenço
22/05/2019

Jorge, Pérez Juste

SI
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal