Programa de Doutoramento en Química Teórica e Modelización Computacíonal/Theoretical Chemistry and Computacional Modelling

Descripción

O doutoramento está orientado á realización de traballos de investigación no campo da modelización molecular e a química cuántica. Estes traballos poden ser tanto de aplicación directa da modelización ao estudo de problemas de interese químico (química orgánica, inorgánica e química física) como ao desenvolvemento de metodoloxías, modelos e software específico. O programa de doutoramento dispón de Mención cara á Excelencia (MEE2011-0153) e posúe un forte carácter interuniversitario (13 universidades diferentes). A admisión no programa de doctorado realízase, habitualmente, tras cursar o Master Europeo en Química Teórica e Modelización Computacional aínda que tamén é accesible despois de cursar un máster oficial de carácter científico. A formación pode completarse a través de complementos de formación dispoñibles a través do máster mencionado anteriormente ou propios do programa de doutoramento. Durante a realización do traballo de doutoramento incentivarase que os alumnos adquiran unha formación adecuada en sistemas operativos e linguaxes de programación, ademais de mellorar o seu dominio do Inglés ou outros idiomas europeos. A duración será variable; procurarase que a lectura sexa compatible co Doutoramento Europeo.

icono_webWeb

icono_pdfMemoria

icono_webRexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)

Información:

Centro: Facultade de Química

Campus: Campus de Vigo

Coordinador/a: Mandado Alonso, Marcos (mandado@uvigo.es)

Prazas de novo ingreso: 5

Comezo impartición: 01/10/2013

Data de publicación no DOG: 23/04/2014

Data de publicación no BOE: 01/01/2000

Dirección: Edificio de Ciencias Experimentais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende 36310 Vigo Pontevedra

Teléfono: 986813500

Web: http://quimica.uvigo.es

Liñas de investigación

  • Reaccións ión-molécula en fase gas
  • Modelización de reaccións en superficies de sistemas fotovoltaicos
  • Dinámica de fragmentación de clusters e moléculas
  • Ionización e disociación de moléculas por pulso láser ultracurtos
  • Estrutura e espectroscopia de materiais dopados con impurezas de elementos pesados
  • Dinámica Cuántica e Cuasiclásica de reaccións químicas e procesos de Fotodisociación
  • Control Cuántico con Campos Ultraintensos e Dinámica de Attosegundo con Paquetes de Onda
  • Simulacións por ordenador de líquidos. Cálculo das propiedades da auga en fase sólida
  • Modelos simplificados para o estudo da estrutura e dinámica de proteínas
  • Estrutura electrónica e reactividade do estado fundamental e dos estados excitados de moléculas orgánicas
  • Estudo teórico de cristais e superficies
  • Estudo teórico de biomoléculas. Reactividade química en encimas. Deseño de fármacos e Bioinformática
  • Estudo teórico do magnetismo en cristais moleculares
  • Modelización computacional e simulación de clusters iónicos e neutros de tamaño medio
  • Estudo teórico da dinámica de reaccións atmosféricas e sistemas complexos
  • Bio-fisicoquímica de macromoléculas e coloides
  • Interaccións entre proteínas e docking
  • Inestabilidades Jahn-Teller pseudo e Jahn-Teller en materiais.
  • Desenvolvemento de métodos de simulación dende primeiros principios. Propiedades de Interfases entre óxidos
  • Evolución de estados excitados en disolución. Busca e caracterización de interseccións cónicas
  • Efecto de disolvente na cinética e termodinámica de reaccións químicas e no espectro de moléculas de interese biolóxico
  • Estudo da inhibición da formación de ALE (Advanced LipoxidationEnd-products) e AGE (AdvancedGlycationEnd-products)
  • Estudos teóricos de reactividade química en medios condensados, disolución e proteínas. Desenvolvementos metodolóxicos de algoritmos híbridos QM/MM
  • Deseño de inhibidores enzimáticos e novos catalizadores biolóxicos
  • Estudo teórico de nanoestruturas
  • Estudo teórico de espectro vibracional de moléculas poliatómicas
  • Láseres e procesos fotoquímicos
  • Dinámica de estados excitados de moléculas en disolución
  • Química Organometálica Teórica
  • Simulación de Metaloproteasas de Matriz
  • Teoría do enlace químico no espazo real
  • Termodinámica e cinética de transicións de fase en materiais materia a alta presión
  • Incorporación de metais de transición en compostos tipo-sándwich
  • Desenvolvementos en teoría do funcional de Orbitais naturais. Densidades electrónicas de par e densidades electrónicas
  • Biocompatibilidade de clusters semicondutores pasivados. Bases moleculares da toxicoloxía do aluminio (III)
  • Estrutura electrónica en puntos cuánticos
  • Explosións de Coulomb en clusters inducidas por pulso de láser ultraintensos
  • Estudo teórico de sólidos, superficies y catálisis
  • Estrutura molecular e reactividade. Aplicacións a sistemas magnéticos e de valencia mixta con aplicacións tecnolóxicas
  • Estudo teórico da solvatación de metais
  • Química cuántica do estado excitado e fotobioloxía teórica
  • Simulación de procesos químicos en disolucións e medios enzimáticos. Deseño e desenvolvemento de fármacos asistido por ordenador
  • Caracterización teórica de materiais moleculares electroactivos
  • Desenvolvementos metodolóxicos para cálculos de estrutura electrónica e modelado molecular
  • Desenvolvemento de métodos de alta precisión e de análise da estrutura electrónica en Química Cuántica
  • Estudo teórico de interaccións moleculares e reaccións químicas de interese astrofísico, atmosférico e biolóxico
  • Estrutura molecular e reactividade química
  • Desenvolvemento de métodos de simulación en química
  • Estados excitados e fotoquímica
  • Química organometálica computacional
  • Bioquímica computacional
  • Procesos inducidos por láseres
  • Sólidos e superficies
  • Estudo de novos materiais

Tesis Leídas

Titulo
Autor
Fecha Lectura
Directores
Mención Internacional
Fenómenos de Superficie Asociados a Nanocatalizadores de Metais de Transición: Un Estudo Computacional
Ana Cristina da, Silveira de Moura
15/12/2017

María Natália, Dias Soeiro Cordeiro

NO
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal