Programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución

Descripción

O Doutoramento T&P investiga como ao longo da historia a tradución e a interpretación foron prácticas fundamentais na construción das culturas e na súa capacidade de cambio. As culturas son resultado dunha constante negociación de textos traducidos, tanto lingüísticos como icónicos ou símbólicos. As persoas que traducen son axentes de mediación cultural con capacidade de transformación social e política. Na actualidade vivimos realidades mestizas, lemos linguas traducidas, vemos imaxes adaptadas e consumimos produtos localizados que constituíron encargas de tradución e interpretación. O Doutoramento T&P é o único Programa de doutoramento en tradución e interpretación de toda a eurorrexión Galicia-Portugal. Trátase dun posgrao de investigación representativo do Espazo Europeo de Educación Superior que responde á demanda de formación por parte do alumnado de Tradución e interpretación, cubrindo a necesidade de ofrecer unha formación adicional para mellorar as perspectivas propias da carreira profesional. Neste sentido, ofrecemos un conxunto equilibrado de contidos teóricos e prácticos con vistas tanto á investigación como á preparación dos/das profesionais da tradución e a interpretación. O Doutoramento T&P ofrece o modelo máis flexible de semipresencialidade, xa que se pode cursar completamente a distancia ou ben asistir ás sesións presenciais realizando prácticas de campo en Ciencias humanas e sociais. O Doutoramento T&P responde á transformación teórica e metodolóxica que viviu a área científica de Tradución e interpretación na última década, ofrecendo contidos teóricos procedentes das distintas fases de descrición, estudo e análise das actuais realidades socioprofesionais de era dixital, o cal garante a continuidade entre teoría e práctica.

icono_webWeb

icono_pdfMemoria

icono_webRexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)

Información:

Centro: Facultade de Filoloxía e Tradución

Campus: Campus de Vigo

Coordinador/a: Luna Alonso, Ana (aluna@uvigo.es)

Prazas de novo ingreso: 10

Comezo impartición: 01/10/2013

Data de publicación no DOG: 05/12/2013

Data de publicación no BOE: 11/03/2014

Dirección: Campus Universitario Lagoas-Marcosende 36310 Vigo Pontevedra

Teléfono: 986812251

Correo electrónico: sdfft@uvigo.es

Web: http://fft.uvigo.es

Liñas de investigación

  • Teoría e práctica da paratradución
  • Tradución publicitaria
  • Tradución de cómics
  • Tradución de videoxogos
  • Tradución da Literatura infantil e xuvenil
  • Migración e tradución: Tradución e interpretación en Mediación social (TIMS)
  • Protocolos de actuación doTradutor e Intérprete Xurado
  • Miradas ao espacio urbán para-traducir a cidade
  • Memoria, migración e mestizaxe en tradución
  • Memoria de Soah/Holocausto e tradución
  • Historia da interpretación na época colonial
  • Antropoloxía e tradución
  • Novas tendencias en tradución en audiovisual
  • Tradución e cine nacional
  • Interpretación entre as linguas estatais
  • Teoría e Filosofía da Tradución
  • Corpus e estudos de tradución: creación e explotación de corpus (médicos, científicos, técnicos, xurídicos, económicos e administrativos) para tradutores
  • Tradución textos médicos, científicos, técnicos, xurídicos, económicos e administrativos: xéneros, convencións textuais e tradución
  • Didáctica da tradución
  • Iuslingüística e Tradución
  • Tradución e mestizaxe
  • Traducir a identidade europea en construción
  • Tradutoloxía aplicada
  • Teoría e metodoloxía das traducións nas culturas plurilingües
  • Os mediadores culturais
  • As políticas de tradución
  • Tradución intersemiótica
  • Técnicas de tradución nos medios de comunicación: dobraxe, subtitulado, voice-over, comentario
  • Prefacios e fontes documentais en estudos de tradución
  • Conceptos tradutolóxicos na obra de Eugen Nida
  • Estudos de xénero e tradución
  • Tradución e políticas editoriais
  • Historia da tradución en Galicia
  • Tradución e calidade
  • Aspectos profesionais en tradución
  • Deontoloxía da tradución
  • Teoría da tradución, recepción e crítica da tradución
  • Terminoloxía e documentación
  • Tecnoloxías da lingua e da tradución
  • Tradución e paratradución na creación de identidades
  • Lexicografía
  • Estilística comparada
  • Estudos basados en corpus
  • Terminoloxía
  • Terminografía

Tesis Leídas

Titulo
Autor
Fecha Lectura
Directores
Mención Internacional
Terminoloxía para tradutores : unha base de datos no domínio de dereito das sociedades
Maria do Céu, Henriques de Bastos
24/09/2018

Carmen, Enríquez Salido

NO
Traduire et interpréter en milieu social : un parcours théorique pour comprendre et un exposé pratique pour réfléchir
Emmanuel Claude, Bourgoin Vergondy
29/03/2019

Jose, Yuste Frías

SI
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal