Programa de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura

Descripción

O programa de doutoramento interuniversitario en Estudos Ingleses avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura, participado polas Universidades de Santiago de Compostela (USC), A Coruña (UDC) e Vigo (UVIGO), é un programa acreditado que atende os altos estándares de excelencia do Sistema Europeo de Educación Superior. Este programa de doutoramento parte de programas anteriores que recibiron o recoñecemento oficial de excelencia do Ministerio de Eduación español. O principal obxectivo do programa en Estudos Ingleses é adestrar os/as estudantes a desenvolver investigacións en diferentes eidos dos Estudos Ingleses. En concreto, aos/ás doutorandos/as proporcionaranselle as habilidades e competencias profesionais para escribir unha tese de doutoramento baixo a supervisión de expertos/as dos tres departamentos implicados no programa. Isto pode incluír o seguinte: identificar un obxecto de estudo e desenvolver un método de análise que produza resultados innovadores; ser capaz de escribir en inglés de acordo coas convencións e demandas académicas; poder interpretar e utilizar a literatura en diferentes campos dos Estudos Ingleses; presentar e dar a coñecer os resultados nas reunións académicas nacionais e internacionais; ser capaz de comprender e valorar criticamente a recepción dos resultados por parte da comunidade académica; finalmente, usar eficazmente as tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ás diferentes áreas dos Estudos Ingleses.

icono_webWeb

icono_pdfMemoria

icono_webRexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)

Información:

Centro: Facultade de Filoloxía e Tradución

Campus: Campus de Vigo

Coordinador/a: Pérez Guerra, Javier (jperez@uvigo.es)

Prazas de novo ingreso: 10

Comezo impartición: 01/10/2013

Data de publicación no DOG: 05/12/2013

Data de publicación no BOE: 11/03/2014

Dirección: Campus Universitario Lagoas-Marcosende 36310 Vigo Pontevedra

Teléfono: 986812251

Correo electrónico: sdfft@uvigo.es

Web: http://fft.uvigo.es

Liñas de investigación

  • Estudos de Literatura e Cultura Inglesas
  • Estudos de corpus, cognición, variación e cambio na lingua inglesa
  • Estudos de Literatura e Cultura Norteamericana
  • Lingüística Aplicada a tradución e ensino do inglés
  • Estudos do discurso en lingua inglesa
  • Literatura e cultura irlandesas
  • Outras literaturas en lingua inglesa

Complementos formativos:

  • Métodos e Recursos de Investigación Lingüística e a súa Aplicación á Lingua Inglesa
  • Métodos e Recursos de Investigación Literario-Cultural no Ámbito Anglófono
  • Estudos Ingleses e Medios de Comunicación
  • Discurso Literario e Sociedade nos Países de Fala Inglesa
  • Inglés para Fíns Específicos
  • Perspectivas Transculturais no Ámbito Anglófono
  • Modelos e Teorías Lingüísticas e a súa Aplicación á Lingua Inglesa
  • Modelos de Interpretación Literario-Cultural nos Países da Fala Inglesa
  • Variación e Cambio na Lingua Inglesa
  • Lingüística Informática e de Corpus Aplicadas á Lingua Inglesa
  • Cognición e Procesos Cognitivos en Lingua Inglesa
  • Lingüística Contrastiva Aplicada á Lingua Inglesa
  • Pragm��tica e Análise do Discurso en Lingua Inglesa
  • Adquisición e Ensino do Inglés
  • Literatura e Diversidade Cultural no Ámbito Anglófono
  • Movementos Literarios e Culturais dos Países de Fala Inglesa
  • Literaturas e Perspectivas de Xénero no Ámbito Anglófono
  • Manifestacións Artísticas e Literarias dos Países de Fala Inglesa
  • Xéneros e Modos Literarios en Lingua Inglesa
  • Negociacións Textuais e Culturais nos Países de Fala Inglesa

Tesis Leídas

Titulo
Autor
Fecha Lectura
Directores
Mención Internacional
O perfil de complementación de REMEMBER nos ingleses post-coloniais
Laura, García Castro
10/12/2018

Elena Celsa, Seoane Posse

SI
Un estudo de corpus sobre a elipse post-auxiliar no inglés moderno: implicacións metodolóxicas e teóricas.
María Evelynt, Gandón Chapela
12/04/2016

Javier, Pérez Guerra

NO
Factores determinantes da concordancia de número con suxeitos colectivos complexos: Un estudo de corpus en inglés
Yolanda, Fernández Pena
14/12/2018

Javier, Pérez Guerra

SI
Redefinicións Contemporáneas da Familia Irlandesa na Ficción de Colm Tóibín
José, Carregal Romero
16/12/2016

María Teresa, Caneda Cabrera

SI
Estratexias de travestismo e ambigüidade de xénero en ficción especulativa xuvenil estadounidense: Conformidade ou transgresión?
Selene, Molares Pascual
24/10/2018

Belén, Martín Lucas

SI
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal