Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica pola Universidade de A Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Descripción

Este Programa de Doutoramento ten como obxectivo a formación de investigadores nas áreas da Neurociencia básica e aplicada, a Psicoloxía Clínica e a Psiquiatría, primando a interdisciplinariedade. Con esta perspectiva, o programa inclúe investigadores adscritos a diferentes áreas de coñecemento dos campos da Neurobioloxía, a Neurociencia Cognitiva, a Psicoloxía Clínica e da Saúde e a Psiquiatría. Trátase dun programa interuniversitario, organizado conxuntamente polas Universidades de Santiago de Compostela (que o coordina), A Coruña e Vigo. Preténdese proporcionar a formación técnica e os coñecementos específicos para a investigación nestes ámbitos e facilitar un marco de interrelación entre os doutorandos e doutorandas vinculados a elas. Aspírase a fomentar un espazo científico integrador de carácter multidisciplinar, que aborde o estudo do cerebro desde o punto de vista morfolóxico, estrutural, funcional, computacional e do desenvolvemento, ademáis da súa relación recíproca con variables psicosociais. Todo co fin de comprender o comportamento humano e de facilitar estratexias preventivas e terapéuticas para as principais enfermidades neurolóxicas e trastornos psiquiátricos. O estudo do sistema nervoso en xeral, e do encéfalo humano en particular, é unha das áreas prioritarias de investigación en todo o mundo. Un dos maiores retos desta investigación é descubrir os misterios do cerebro, desde o funcionamento molecular até os mecanismos que sustentan procesos como a memoria, a intelixencia ou a acción consciente e a súa interacción co medio. O progreso no coñecemento do sistema nervoso permitirá combater as enfermidades que o afectan e mellorar a calidade de vida. Desde a perspectiva máis clínica, este programa integra liñas que se ocupan da comprensión, prevención e tratamento dos trastornos mentais, abordándoos desde unha perspectiva biopsicosocial. Este Programa forma parte da 'Network of European Neuroscience Schools' (NENS), unha estrutura creada no marco da FENS (Federation of European Neuroscience Societies) para facilitar información sobre a formación posgraduada no ámbito da Neurociencia e promover a colaboración entre os programas de estudos europeos.

icono_webWeb

icono_pdfMemoria

icono_webRexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)

Información:

Centro: Facultade de Bioloxía

Campus: Campus de Vigo

Coordinador/a: Lamas Castro, José Antonio (antoniolamas@uvigo.es)

Prazas de novo ingreso: 6

Comezo impartición: 01/10/2013

Data de publicación no DOG: 05/12/2013

Data de publicación no BOE: 11/03/2014

Dirección: Campus Universitario Lagoas-Marcosende 36310 Vigo Pontevedra

Teléfono: 986811976

Correo electrónico: decanatobioloxia@uvigo.es

Web: http://bioloxia.uvigo.es

Liñas de investigación

  • Neurobioloxía.Estructura, evolución, desenvolvemento e rexeneración do sistema nervioso
  • Farmacoxenómica en neurociencias
  • Neurofisioloxía
  • Neurociencia Cognitiva. Estudo psicofisiolóxico e neuropiscolóxico dos procesos psíquicos superiores en poboación xeral e en poboacións especiais
  • Psicoloxía Clínica e da Saúde e Psiquiatría
  • Trastornos depresivos: Epidemioloxía, detección, avaliación, comorbilidade, tratamento e prevención
  • Mecanismos de Neurodexeneración e neuroprotección dopaminérxica na enfermidade de Parkinson e novas estratexias terapéuticas
  • Estudos PET e SPECT en Neuroloxía. Fusión de imaxes morfolóxicas e funcionais

Complementos formativos:

  • Bioloxía Celular do Sistema Nervioso
  • Neuroquímica
  • Neuroanatomía
  • Fisioloxía do Sistema Nervioso
  • Neurociencia do Comportamento
  • Técnicas Psicofisiolóxicas
  • Investigación Aplicada en Neurociencia Cognitiva
  • Procesos Psíquicos Superiores
  • Condutas Aditivas
  • Exploracións Nucleares en Neuroloxía: SPET e PET. Neuroimaxe Dixital
  • Neurodexeneración e Neurorreparación
  • Fundamentos de Neurofisioloxía Clínica
  • Fundamentos de Psiquiatría
  • Fundamentos de Neuroloxía
  • Neurociencia Computacional
  • Modelos Biolóxicos e Computacionais de Representación do Coñecemento
  • Fundamentos de Xenómica e Proteómica en Neurociencias
  • Neurofarmacoloxía
  • Técnicas en Neurobioloxía Molecular
  • Desenvolvemento do Sistema Nervioso
  • Evolución do Sistema Nervioso
  • Neuroanatomía Comparada
  • Técnicas Neuroanatómicas
  • Canles Iónicos e Comportamento Neuronal. Introdución ás Canlepatías
  • Neuroendocrinoloxía
  • Técnicas Electrofisiolóxicas
  • Neurotoxicoloxía
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal