Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Descripción

A ciencia e a tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbito do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeración, transmisión, detección, control e manipulación da luz. Dito estudo está orientado ao desenvolvemento de tecnoloxías con aplicacións de un alto interese en múltiples e dispares ámbitos socioeconómicos e sanitarios, que van dende as telecomunicacións, as ciencias da vida e a saúde, o medio ambiente, a metroloxía industrial, o ocio,... até as fronteiras científico-técnicas como a nanoóptica, o procesado e as comunicacións cuánticas, os metamateriais ópticos, etc. Abrangue por tanto dende o desenvolvemento de dispositivos que forman parte da vida cotiá até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico. A evolución da ciencia e tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión foi constante ó longo da historia acompañando o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribuíron de forma directa ao progreso e á innovación. Na actualidade e de forma natural, a óptica compleméntase coa electrónica, a informática, a micromecánca, etc, dando lugar a unha miríada de aplicacións altamente especializadas (técnicas de metroloxía óptica industrial, instrumentacións bio-óptica, sensores ópticos medio-ambientais, telecomunicacións, corrección de defectos visuais, iluminación, etc) e a produtos de gran consumo (cámaras dixitais, proxectores, soportes ópticos de almacenamento, todo tipo de lentes oftálmicas, etc). En termos socio-políticos, o sector científico-técnico da ciencia e a tecnoloxía óptica e fotónica é de extrema importancia para os grandes retos do século XXI, e de feito as tecnoloxías fotónicas, son consideradas como tecnoloxías estratéxicas (KETs) pola Comisión Europea.

icono_webWeb

icono_pdfMemoria

icono_webRexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)

Información:

Centro: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Campus: Campus de Vigo

Coordinador/a: Salgueiro Piñeiro, Jose Ramon (jsalgueiro@gmail.com)

Prazas de novo ingreso: 5

Comezo impartición: 01/10/2013

Data de publicación no DOG: 05/12/2013

Data de publicación no BOE: 11/03/2014

Dirección: Rúa Maxwell.Campus Universitario Lagoas-Marcosende 36310 Vigo Pontevedra

Teléfono: 986811930

Correo electrónico: eme.negociado@uvigo.es

Web: http://minaseenerxia.uvigo.es

Liñas de investigación

  • Tecnoloxías de Láser e visión
  • Láser e fotónica

Tesis Leídas

Titulo
Autor
Fecha Lectura
Directores
Mención Internacional
Análise da Seguridade dos Protocolos Criptográficos Cuánticos no réxime finito
Weilong, Wang
15/03/2019

Marcos, Curty Alonso

NO
Deseño de sensores fotónicos para monitorización remota de ecosistemas
Óscar, Sampedro Limia
25/11/2016

Jose Ramon, Salgueiro Piñeiro

SI
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal