Programa de Doutoramento en Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica

Descripción

O programa de doutoramento responde a unha demanda do sistema de I+D+I tanto nacional como internacional, como é a de profesionais formados nos campos das tecnoloxías de aplicación aeroespacial, incluíndo as comunicacións por radio, integración de sistemas, así coma as enxeñarías electromagnética, mecánica, electrónica e informática. O programa de doutoramento, configúrase agora polo tanto como unha conxunción de varios equipos de investigación cun obxectivo común, o desenvolvemento de tecnoloxía susceptible de ser empregada en proxectos aeroespaciais. Trátase dun ámbito formativo que pode considerarse estratéxico para a Universidade de Vigo, e que permite estender cara ao doutoramento o proxecto formativo en tecnoloxía espacial que se iniciou co lanzamento de Xatcobeo, o primeiro satélite Galego, á vez que se orientan nun mesmo obxectivo diferentes grupos con gran experiencia previa en formación doutoral, como demostra o lanzamento recente dos satélites HUMSAT-D e SERPENS. A relevancia destes desenvolvementos tecnolóxicos radica non só na súa posible aplicación aeroespacial, senón tamén noutros campos de aplicación que xorden na industria en sectores tan variados como as telecomunicacións, a automoción, o sector naval, as aplicacións biomédicas ou novos sistemas de produción industrial. Deste xeito, o presente doutoramento é unha excelente oportunidade para incorporar ao tecido industrial un novo perfil de profesionais cunha alta formación específica.

icono_webWeb

icono_pdfMemoria

icono_webRexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)

Información:

Centro: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Campus: Campus de Vigo

Coordinador/a: Aguado Agelet, Fernando Antonio (faguado@tsc.uvigo.es)

Prazas de novo ingreso: 10

Comezo impartición: 01/10/2013

Data de publicación no DOG: 05/12/2013

Data de publicación no BOE: 12/06/2014

Dirección: Campus Universitario Lagoas-Marcosende 36310 Vigo Pontevedra

Teléfono: 986812100

Correo electrónico: teleco.asuntosxerais@uvigo.es

Web: http://www.teleco.uvigo.es/

Liñas de investigación

  • Análise e deseño avanzado de antenas de apertura e arrays
  • Dependencia espacial e predicción Kriging
  • Tecnoloxías de radar: sección recta, formación de imáxenes e problemas inversos
  • Tecnoloxías de THz: generación, radiación, dispersión e detección
  • Supercomputación electromagnética e a sua aplicación a caracterización e deseño de nanoantenas, metamateriais e dispositivos plasmónicos
  • Tecnoloxías avanzadas de Comunicacións Ópticas:dispositivos, sistemas e redes
  • Tecnoloxías cuánticas para comunicacións
  • Modelado de canle radio
  • Análise e deseño de circuitos de mircoondas e ondas milimétricas
  • Exposición a campos electromágneticos
  • Ensaios non destrutivos
  • Tecnoloxías informáticas:Computación Paralela e distribuida. Computación Evolutiva e Bioinspirada.Optimización Multiobxectivo
  • Computación reconfigurable e empotrada. Redes de sensores inalámbricas
  • Enxeñaría de Sistemas Espaciais, AIV, Operación, Propulsión e Segmento Terreo
  • Ensaios sobre vehículos compoñentes e Pezas
  • Medición, pegado e optimización de fibra de carbono
  • Realización de cálculos FEM sobre aceiro, fibra e materiais compostos
  • Análise tomográfico
  • Fiabilidade de sistemas electrónicos
  • Sensores
  • Convertedores electrónicos de potencia
  • Enxeñaría de Software Aeroespacial

Tesis Leídas

Titulo
Autor
Fecha Lectura
Directores
Mención Internacional
Espectrometría en terahercios: análise, procesado e aplicacións
José, Vázquez Cabo
28/06/2016

Pedro, Chamorro Posada

NO
Sistema de telemetría para aplicacións radar de alta resolución
José María, Núñez Ortuño
28/11/2016

Marta, Gómez Araújo

NO
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal