Transferencia de resultados de investigación

Consciente da importancia do coñecemento como motor da innovación, a Universidade de Vigo pon ao servizo da sociedade todo o seu potencial científico e tecnolóxico, os seus equipos, as súas infraestruturas e todos os seus recursos de I+D.

A xestión das actividades de transferencia é realizada pola Oficina de I+D, que se estrutura en dous ámbitos de traballo:

  • A promoción das actividades de I+D+i e a súa transferencia ao sector socioeconómico.
  • A valorización, protección e explotación dos resultados de I+D+i da universidade.

Oficina de I+D

As funcións da Oficina de I+D poden estruturarse en dúas grandes áreas:

  • Área de Promoción
  • Área de Valorización

Pode consultar aquí a carta de servizos da Oficina, na que se recollen os seus obxectivos, servizos prestados e compromisos de calidade.

  

--------------------------------------

Convocatoria do programa IGNICIA - Proba de Concepto

A Axencia Galega de Innovación (Gain) ven de publicar a convocatoria da segunda edición do Programa Ignicia-Proba de Concepto. Trátase dunha iniciativa que ten por obxecto apoiar o desenvolvemento das aplicacións comerciais da investigación xerada nos centros de coñecemento situados en Galicia.

As propostas de actuación con cabida neste programa, teñen que partir dun resultado da investigación que posúa potencial de transferencia, que se pretenda explotar, que poida xerar retornos económicos no curto-medio prazo, e que ademáis estea respaldado por un grupo de investigación comprometido coa súa transferencia e comercialización.

O prazo de presentación da solicitude, consistente nunha memoria (máximo 25 páxinas, en castelán ou galego e en inglés), acompañada do formulario normalizadom, remata o vindeiro 9 de xuño.

Este programa será canalizado e xestionado pola Oficina de I+D na nosa universidade. Pregamos que se tedes resultados de investigación que poidan encaixar, e estades interesados, vos poñades dende agora en contacto connosco (otri@uvigo.es - 986 811 943, ou directamente na propia oficina) para ir orientando as posibles propostas.
 

Documentación de interese

>> Web do programa IGNICIA Proba de Concepto
>> Convocatoria
>> Modelo de memoria técnica

 

Xornada de presentación do programa IGNICIA - proba de concepto

Luns, 14 de maio - CITEXVI (Campus de Vigo)

De cara a explicar os detalles da convocatoria e resolver as dúbidas que poidan xurdir, Gain organiza unha xornada de presentación o próximo luns, 14 de maio ás 09.45 horas no CITEXVI

>> Axenda
 

--------------------------------------

Situación

Universidade de Vigo - Campus de Vigo

Anexo edificio Xerencia, 1.º andar, As Lagoas, Marcosende s/n

36310 Vigo (Pontevedra)

Tfno: 986 812 236 

Enderezo electrónico: otri@uvigo.es

Directorio

 

Posto
Nome
Teléfono
Enderezo electrónico
Directora Técnica
Ángeles López Lozano

986 812 236

Técnica superior I+D
Hilda Iglesias Galán

986 813 896

Técnica superior I+D (Campus Ourense)
Cristina López Macias

988 387044

Técnico superior I+D
Pablo Gens Montes

986 818 651

Técnica Superior I+D
Sabela González Panizo

986 818 639

Técnico Superior I+D
Jose Jato Darriba

986 811 943

Xefa de negociado
Fernanda Rivas Suanzes

986 811990

Auxiliar administrativa
Yvette Quintas Mosteiro

986 812 236

 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal