Calquera membro da comunidade universitaria poderá presentar queixas, reclamacións ou consultas, individuais ou colectivas ante o Tribunal de Garantías. Presentaranse por escrito en calquera rexistro da Universidade de Vigo ou enviaranse por correo, e figurarán os datos persoais e a sinatura da ou das persoas interesadas, o número de DNI e o domicilio para os efectos de notificación.
Condicións mínimas para presentar as queixas
Tramitación das queixas
As actuacións do Tribunal poderán iniciarse de oficio ou por instancia de parte. O Tribunal de Garantías, nun prazo máximo de 15 días, xustificará o recibimento das queixas ou reclamacións recibidas, e emitirá contestación motivada, respecto de se procede ou non a súa admisión a trámite. En todos os casos, comunicaráselles ás persoas interesadas a motivación que fundamentou a inadmisión. O anterior non impedirá, non obstante, a investigación sobre os problemas xerais suscitados por estas queixas.