Planificación das ensinanzas

Estrutura e distribución temporal do programa formativo

  • A estrutura do Grao en Enxeñaría Química Industrial garante que o alumno poida obter o título de Graduado despois de cursar 240 créditos ECTS distribuídos da seguinte maneira en canto ao tipo de materia:
    • Formación básica: 60 ECTS
    • Obrigatorias rama industrial:72 ECTS
    • Obrigatorias especialidade: 60 ECTS
    • Obrigatorias de intensificación: 30 ECTS
    • Optativas / Prácticas externas: 6 ECTS
    • Traballo Fin de Grao: 12 ECTS

Información sobre asignaturas


Desenvolvemento do ensino


Composición, funcións e responsabilidades da comisión académica do título

De acordo ao Regulamento de Réxime Interno (RRI) da Escola de Enxeñaría Industrial, lle corresponde (artigo 40.3) á Xunta de Titulación a elaboración, aprobación e modificación da proposta do plan de estudos correspondente a cada titulación que, en todo caso, deberán ser aprobadas pola Xunta de Escola.

Mentres non se elabora e aproba unha normativa específica que estableza a composición da Xunta de Titulación, esta terá a composición da Xunta de Titulación da Rama Industrial nomeada polo Reitor.

A composición actual da Xunta de Titulación pode descargarse aquí.


Mecanismos de coordinación docente

Os mecanismos de coordinación docente para os títulos de grao da EEI desenvólvense segundo o establecido no Procedemento de Planificación e Desenvolvemento da Enseñanaza (PC06) do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da EEI. Os mecanismos de coordinación docente deben revisarse e aprobarse de forma periódica. Pode descargarse a información en vigor no apartado de Normativa da páxina web do centro.

As figuras de coordinación contempladas por a EEI para as súas titulacións de grao son as de coordinador de materia, coordinador de curso e coordinador de grao:

  • Coordinador de materia: segundo se indica na guía docente da materia (consulte aquí as Guías Docentes)
  • Coordinador de curso: descárguese aquí a listaxe de coordinadores de curso
  • Coordinador de grao: descárguese aquí a listaxe de coordinadores de grao

TFG/TFM

Prácticas externas

Criterios de suspensión do título

(coordinación con VicOAPT)

A suspensión dun título oficial impartido pola Escola de Enxeñaría Industrial desenvólvese segundo o establecido no Procedemento de Suspensión dun Título (PA02) do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) do Centro. Neste procedemento establécese a sistemática pola cal se suspende unha das súas titulacións e os criterios que deben cumprirse para que poida proponser a suspensión do título.

Perfil de egreso

(coordinación con VicOAPT)

Algúns dos perfís profesionais nos que poderán exercer as súas competencias son:

  • Control e optimización de procesos da Industria Química e de Proceso.
  • Minimización, revalorización e tratamento de residuos: sustentabilidade.
  • Tratamento de augas residuais urbanas e de industria.
  • Biotecnoloxía. Produción de biocombustibles.
  • Elaboración de produtos para farmacia e nutracéutica a partir de subproductos.
  • Xestión e optimización de operacións de industria de proceso.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal