Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

O grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais ten fundamentalmente dúas finalidades:

  1. A creación de técnicos polivalentes e xeneralistas cunha formación en física e matemáticas e que, a pesar de non contar con atribucións profesionais, serían totalmente válidos no mundo industrial en, por exemplo, departamentos de I+D empresarial, postos de responsabilidade en Pemes, formando parte de equipos de traballo multidisciplinares ou dedicados á docencia en centros de educación secundaria ou módulos de formación profesional.
  2. Proporcionar aos estudantes unha sólida base de habilidades e coñecementos científico-tecnolóxicos que faciliten o acceso e a superación de estudos de Máster. Estes másteres poden ser o Máster en Enxeñaría Industrial, másteres de especialización en áreas de coñecemento tradicionais (Enxeñaría Mecánica, Eléctrica, etc.) ou emerxentes (MBA, Bioenxeñaría, Nanotecnoloxías, Novos Materiais...), ou másteres orientados á Investigación e posterior desenvolvemento do Doutoramento.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal