Mestrado en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica

logo da titulación previa ao máster

Especializado na preparación de enxeñeiros e directores de equipos de Proxectos de Deseño e Fabricación Industrial no campo do sector metal-mecánico.
Se orienta á foromación de profesionais con funcións no deseño do produto e a súa fabricación, para a mellora e o aumento das súas capacidades, e que asuman responsabilidades cara a integrarse e poder liderar equipos de proxectos de produtos e procesos de compoñentes meacánicos.
Docencia dividida en dos Módulos:

  • Ferramentas para a Xestión de Procesos de Deseño e Fabricación
  • Tecnologxías Avanzadas para o Deseño e a Fabricación

Actividades académicas semipresenciais entre as que destacan:

  • Traballos en grupos de proxectos
  • Casos prácticos en situacións cliente-provedor reais
  • Concorrencia obradoiro-software

O mestrado é de tipo profesionalizante, con prácticas en empresas colaboradoras e participan un bo número de profesionais externos á universidade como docentes (PSA, Gamelsa, CTAG, SNOP, Soltec, Larpro, Lupeon3D, Sanvicor, Hergome, Gaélica Solar, ...). Ademais ten un perfil internacional con algunhas materias en lengua inglesa, como a de Simulación de Procesos e Sistemas de fabricación e o Inglés técnico, e a participación de profesores de universidades estranxeiras.


Os estudantes traballadores por conta allea teñen horarios compatibles coa súa xornada laboral, poden seren bonifcados polas cotas da seguridade social e solicitar o recoñecemento de créditos das prácticas en empresa.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal