Os obradoiros tratan distintos temas como comunicación, organización, aprendizaxe etc.
A metodoloxía empregada é activa e participativa, o que propicia a construción significativa, reflexiva, dinámica e integrada das aprendizaxes novas. Fomentamos o debate, o diálogo, o intercambio de opinións, o traballo en grupo, exercicios prácticos etc., sempre apoiados nunha base teórica a modo de plataforma para a posteriori pasar á aplicación práctica. Así, buscamos unha integración de coñecementos, técnicas e procedementos, habilidades e destrezas diversas non só cognitivas senón tamén sociais.
Aproximadamente tres semanas antes de levarse a cabo serán expostos neste portal e nas facultades a través de carteis informativos e da pantalla dixital.
Campus de Vigo e Pontevedra
Campus de Ourense
Información sobre obradoiros aquí