Olimpíadas do saber

As Olimpíadas do Saber son competicións de carácter local, nacional e/ou internacional. O seu obxectivo é, por unha banda, difundir o coñecemento de diferentes disciplinas (matemáticas, física, química, bioloxía, xeoloxía, economía, historia…) entre o alumnado de niveis non universitarios e, por outra, fomentar o intercambio científico entre estudantes e docentes de diferentes provincias, comunidades autónomas e países. 

Coa participación nas olimpíadas búscase:

  • Fomentar o desenvolvemento do talento e a excelencia entre o estudantado.
  • Impulsar o interese pola investigación humanística, científica e tecnolóxica.


Desde a Universidade de Vigo queremos promover e dinamizar a organización de olimpíadas científicas e académicas:

 

Máis información:

Área de Captación de Alumnado
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal