Exposición 'Eu son UVigo!'

Exposición Eu son UVigo!


Eu son UVigo! é unha mostra itinerante que se expón en centros de secundaria e en espazos culturais de Galicia. O seu propósito é de dar a coñecer á sociedade os perfís de persoas egresadas da Universidade de Vigo ou que actualmente investigan na nosa institución e que teñen recoñecido éxito en ámbitos de interese para o alumnado de secundaria e de bacharelato. O fin último da exposición é visibilizar os estudos superiores como unha vía para facer realidade os soños profesionais e para reforzar a imaxe de prestixio da Universidade de Vigo.

Se queres que o teu centro educativo acolla temporalmente a exposición Eu son UVigo!, só tes que escribirnos ao enderezo tecnica.captacion@uvigo.gal e indicarnos o teu interese por albergar a instalación no teu colexio ou instituto e o segmento temporal preferido. Porémonos en contacto con todas as persoas que a soliciten para xestionar un calendario ao longo do curso académico.  

Grazas pola túa colaboración!


Novas relacionadas:

Eu son UVigo! pon cara a algúns dos egresados e investigadores máis recoñecidos da Universidade de Vigo (Duvi)

 

Máis información:

Área de Captación de Alumnado
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal