Asesoramento para o persoal orientador
Os obradoiros de asesoramento a orientadoras e orientadores están dirixidos especificamente a equipos de orientación e a equipos directivos de centros de educación secundaria, co fin de dar a coñecer a oferta de titulacións da Universidade de Vigo e as súas saídas profesionais, ademais das características da ABAU e do acceso á universidade. Deste xeito, buscamos apoiar máis directamente o labor de asesoramento do persoal orientador ao seu futuro estudantado universitario.
Realizaremos unha unica xornada en formato virtual o vindeiro 5 de febreiro de 10.00 a 12.00 h:
Programa
10.00 h | Novidades sobre a ABAU 2020/2021 |
10.15 h | Charla sobre a ABAU, a preinscrición e a matrícula |
10.50 h | Quenda de preguntas |
11.00 h | Charla sobre a oferta formativa de grao e a información institucional da Universidade de Vigo |
11.50 h | Quenda de preguntas |
Acceso
Para participares nesta sesión, só tes que seguir estas indicacións:
- Accede á aula de Campus Remoto.
- Entra a través do «Acceso estudantado» coa clave 683qcgJZ.
- Preme no botón azul «Entrar na sala» e sigue as indicacións da plataforma.
Inscrición
Os centros de secundaria poderán inscribirse a través do seguinte formulario ata o 4 de febreiro.
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal