Charlas informativas específicas
A Universidade de Vigo organiza charlas informativas especificas, por eido de coñecemento, dirixidas a estudantes de educación secundaria e FP Superior de centros que así o soliciten.
Profesorado da UVigo acudirá ao voso centro para informar sobre a oferta de todas as titulacións de grao por eido de coñecemento, os plans de estudo e saídas profesionais. Os ámbitos que conforman esta actividade son os seguintes:
- Humanidades: Filoloxía e Tradución e Xeografía e Historia.
- Comunicación: Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas.
- Educación: Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social, Traballo Social.
- Xurídico-Empresarial e Social: ADE, Comercio, Dereito, Dirección e Xestión Pública, Economía, Relacións Internacionais, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Turismo.
- Ciencias: Bioloxía, Ciencias do Mar, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Química.
- Ciencias da saúde: Enfermaría e Fisioterapia.
- Tecnoloxía: Intelixencia Artificial: Enxeñarías: Agraria, Automoción (dual), Biomédica, Eléctrica, Electrónica Industrial e Automática, Enerxía, Forestal, Informática, Mecánica, Organización Industrial, Química Industrial, Recursos Mineiros e Enerxéticos, Tecnoloxías de Telecomunicación, Tecnoloxías Industriais, PARS: Aeroespacial, Informática, Biomédica, Tecnoloxías Industriais, Telecomunicación.
Estas sesións, dunha hora de duración, terán lugar entre xaneiro e maio do curso académico. Os centros de educación secundaria poderán solicitar, segundo as súas preferencias, a data e o horario de mañá que desexen.
Cómpre inscribirse a través do seguinte formulario ata 15 días antes da charla:
Máis información:
Área de Captación de Alumnado
Edificio Miralles
Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal