Charlas informativas xerais

Ao longo de todo o curso académico, a Universidade de Vigo organiza charlas informativas xerais dirixidas a estudantes de educación secundaria e FP de centros que así o soliciten. 

Persoal técnico da UVigo acudirá ao voso centro para informar sobre aspectos da oferta académica de grao e as instalacións e servizos que lle ofrece a UVigo ao estudantado para gozar da vida universitaria.

Estas sesións, dunha hora de duración, terán lugar de martes a venres entre outubro e maio do curso académico. Os centros de educación secundaria poderán solicitar, segundo as súas preferencias, a data e o horario de mañá que desexen.

Cómpre inscribirse a través do seguinte formulario ata 15 días antes da charla.

 

Charlas informativas sobre a PAU e sobre o acceso e a admisión nas universidades do SUG

As solicitudes de charlas informativas sobre a proba de acceso á universidade (PAU) e sobre o acceso e a admisión ás tres universidades públicas do sistema universitario de Galicia (SUG) deberán remitirse directamente á CIUG por correo electrónico: ciug@ciug.gal | ciug@cisug.gal

 

Máis información:

Área de Captación de Alumnado
Edificio Miralles
Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal