#ConectaCoaUVigo
Para este curso 2021/2022 no que aínda convivimos con restriccións na presencialidade de grupos numerosos, a Universidade de Vigo deseñou unha serie de accións específicas para manter informados aos centros de secundaria e de FP con respecto ás novidades que imos coñecendo da ABAU e da matrícula, así como sobre a nosa oferta formativa e a vida universitaria. Ao longo do curso actualizarase a listaxe coas datas e cos programas das diferentes xornadas planificadas.
- Orienta: espazo virtual para os equipos de orientación
- Xornada de Orientacion Universitaria Virtual
- Xornada de Portas Abertas Virtual
Se precisas máis información, convidámoste a consultar o apartado dirixido ao noso futuro alumnado de grao.
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal