#ConectaCoSIE

Moza con xersei a raias e cascos brancos traballando cun portátil


A Sección de Información a Estudantes ten habilitada unha aula en directo para atender as consultas do profesorado e do alumnado de educación secundaria sobre a ABAU, o acceso, a preinscrición, a matrícula etc.

Durante o curso 2020/2021, as sesións de #ConectaCoSIE realizaranse todos os martes, de 12.00 a 13.30 horas, ata o 13 de abril de 2021.

Para acceder, só tes que seguir estas indicacións:

  1. Entra na aula de Campus Remoto.
     
  2. Unha vez que accedas á aula, apareceranche dúas opcións: «Acceso profesorado» e «Acceso estudantado». Deberás entrar a través do «Acceso estudantado» coa clave 683qcgJZ.
     
  3. A continuación, preme no botón azul «Entrar na sala» e sigue as indicacións requiridas pola plataforma.

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es