Orienta (Moovi)

Rapaza apoiada nunha libraría traballando cunha tablet


O espazo «Orienta01. Información para os centros de secundaria» ofrece un punto de encontro entre os centros de secundaria e de FP e os servizos de información da Universidade de Vigo.

Trátase dunha ferramenta que forma parte dos recursos de teledocencia da Universidade de Vigo dirixida a proporcionarlles axuda de forma directa aos orientadoras e orientadores de centros de secundaria e de FP. A través deste espazo, o persoal de orientación pode consultar as novidades e as dúbidas relativas á ABAU, a información sobre a oferta formativa e o proceso de preinscrición así como a matrícula da nosa institución. Ademais, a ferramenta permite a participación en foros nos que os equipos de orientación poden compartir conversas con outros equipos dos centros de secundaria de Galicia e de España e coa Sección de Información a Estudantes (SIE) da nosa universidade. 

Se aínda non tes acceso a este recurso podes facelo a través do seguinte formulario.

Unha vez realizada a túa inscrición, poderás entrar na plataforma a través da seguinte ligazón.

 

Máis información:

Sección de Información ao Estudantado
Edificio Redeiras
Praza do Berbés 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal