Xornada de Portas Abertas Virtual
A Xornada de Portas Abertas Virtual do curso 2020/2021 terá lugar a través de Campus Remoto o xoves 15 de abril de 2021. Facilitarémosvos máis información sobre o programa e os datos de conexión quince días antes do evento.
Na Xornada de Portas Abertas Virtual que tivo lugar o 14 de maio de 2020 o alumnado puido preguntarlle ao profesorado das diferentes titulacións todas as preguntas para definir o seu futuro académico. Se non puideches asistir e tes algunha dúbida sobre os graos impartidos na Universidade de Vigo, a continuación podes ver os vídeos da xornada en función do ámbito de coñecemento que che interese:
#ConectaCoaUVigo!
Artes e Humanidades
Xurídico-Social
Ciencias e Ciencias da Saúde
Enxeñaría e Arquitectura
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es