Portas abertas
A Universidade de Vigo organiza ao longo do curso académico xornadas de portas abertas presenciais e virtuais para dar a coñecer ao alumnado preuniversitario a ampla oferta formativa da institución.
Son actividades dirixidas especialmente ao estudantado de bacharelato ou de ciclos formativos de grao superior, familias e centros educativos que desexen coñecer de maneira detallada as principais características da UVigo, a súa oferta educativa e instalacións.
Esperamos que, despois de visitarnos e coñecer máis de preto a Universidade de Vigo, sexa máis doado tomar unha decisión tan importante coma elixir unha titulación na que poder desenvolver as túas capacidades e habilidades.
Máis información:
Área de Captación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal




