Portas abertas en Pontevedra

Curso 2024/2025
Esta actividade está dirixida a centros educativos de Galicia con alumnado de bacharelato e ciclos superiores de FP que desexen coñecer en primeira persoa a oferta académica e as infraestruturas da Universidade de Vigo, en particular do campus de Pontevedra.
Nesta xornada, programada para o 24 de abril de 2025, será posible visitar as facultades e as escolas de acordo cos itinerarios por ámbito de interese, tal e como se indica no programa do evento.
Esperamos que, despois de visitarnos e coñecer máis de preto a Universidade de Vigo e o seu campus de Pontevedra, sexa un pouco máis doado tomar unha decisión tan importante como é a de elixir unha universidade e unha titulación para desenvolver capacidades e habilidades e sobre todo, permita medrar como persoa.
Trátase dunha actividade aberta a todos os centros educativos interesados, mais a Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade promove esta actividade mediante o pago dos 10 primeiros buses (completos) que inscriban os centros educativos a través do formulario creado para tal fin.
Requisitos para recibir a axuda do desprazamento
- Os centros educativos deberán estar situados a unha distancia igual ou superior aos 30 km de distancia do campus de Pontevedra.
- O alumnado deberá estar cursando, exclusivamente, estudos de bacharelato ou ciclos superiores de FP.
- Os grupos de alumnado deberán ser de, polo menos, 50 persoas (bus completo).
- A concesión da axuda para os 10 buses será por orde de inscrición.
- Só se pagará un bus por centro educativo.
Programa
9.45 a 10.00 h | Recepción no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra |
10.00 a 10.30 h | Benvida institucional |
10.30 a 13.00 h | Visitas ás facultades e ás escolas |
Ámbito humanístico: Belas Artes e Deseño | |
Ámbito tecnolóxico: Enxeñaría Forestal | |
Ámbito de ciencias sociais: Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas, Direccion e Xestión Pública | |
Ámbito de educación: Educación Infantil, Educación Primaria, Ciencias da Actividade Física e do Deporte | |
Ámbito de ciencias da saúde: Fisioterapia e Enfermaría | |
13.00 h | Fin da xornada |
Máis información e inscrición
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 7 de abril.
Xornada de Portas Abertas 2024
3 de abril de 2024
Esta actividade está dirixida a centros educativos de Galicia con alumnado de bacharelato e ciclos superiores de FP que desexen coñecer en primeira persoa a oferta académica e as infraestruturas da Universidade de Vigo, en particular do campus de Pontevedra.
Nesta xornada, programada para o 3 de abril, será posible visitar as facultades e escolas de acordo cos itinerarios por ámbito de interese, tal e como se indica no programa do evento.
Esperamos que, despois de visitarnos e coñecer máis de preto a Universidade de Vigo e o seu campus de Pontevedra, sexa un pouco máis doado tomar unha decisión tan importante como é a de elixir unha universidade e unha titulación para desenvolver capacidades e habilidades e sobre todo, permita medrar como persoa.
Trátase dunha actividade aberta a todos os centros educativos interesados, mais a Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade promove esta actividade mediante o pago dos 10 primeiros buses (completos) que inscriban os centros educativos a través do formulario creado para tal fin.
Requisitos para recibir a axuda do desprazamento
- Os centros educativos deberán estar situados a unha distancia igual ou superior aos 30 km de distancia do campus de Pontevedra.
- O alumnado deberá estar cursando, exclusivamente, estudos de bacharelato ou ciclos superiores de FP.
- Os grupos de alumnado deberán ser de, polo menos, 50 persoas (bus completo).
- A concesión da axuda para os 10 buses será por orde de inscrición.
- Só se pagará un bus por centro educativo.
Programa
9.45 a 10.00 h | Recepción no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra |
10.00 a 10.30 h | Benvida institucional |
10.30 a 13.00 h | Visitas ás facultades e ás escolas |
Ámbito humanístico: Belas Artes e Deseño | |
Ámbito tecnolóxico: Enxeñaría Forestal | |
Ámbito de ciencias sociais: Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas, Direccion e Xestión Pública | |
Ámbito de educación: Educación Infantil, Educación Primaria, Ciencias da Actividade Física e do Deporte | |
Ámbito de ciencias da saúde: Fisioterapia e Enfermaría | |
13.00 h | Fin da xornada |
Máis información e inscrición
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de marzo.