Portas Abertas en Vigo

Esta actividade está dirixida aos centros educativos de Galicia con alumnado de secundaria (4º ESO), bacharelato e de ciclos superiores de FP que desexen coñecer en primeira persoa a oferta académica e as infraestruturas da Universidade de Vigo, en particular do campus de Vigo.

As portas abertas terán lugar ao longo do curso académico 2025/2026 con dúas opcións de datas a elixir. A primeira será entre o 12 e 16 de xaneiro e a segunda entre o 8 e o 14 de abril de 2026.

Esta actividade posibilita visitar as facultades e as escolas de acordo cos itinerarios por ámbito de interese:

  • Humanidades: Facultade Filoloxía e Tradución.
  • Ciencias sociais e xurídicas: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
  • Científico: Facultade de Bioloxía, Facultade de Ciencias do Mar, Facultade de Química.
  • Tecnolóxico: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Escola de Enxeñaría Industrial.

Esperamos que, despois de visitarnos e de coñecer máis de preto o campus de Vigo, che sexa un pouco máis doado tomar unha decisión tan importante como é a de elixir unha universidade e unha titulación para desenvolver capacidades e habilidades e, sobre todo, che permita medrar como persoa. 

Formulario de inscrición

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal