Sesións informativas por ámbito de coñecemento

A Universidade de Vigo ofrécelles aos centros de secundaria a posibilidade de que o persoal da Sección de Información a Estudantes e da Área de Captación de Alumnado imparta charlas informativas sobre a oferta académica dentro dos diferentes ámbitos de coñecemento. Os centros interesados deberán poñerse en contacto connosco a través do enderezo de correo electrónico tecnica.captacion@uvigo.gal para solicitar a charla e para comentar as temáticas nas que teñen maior interese segundo a especialización dos bacharelatos impartidos.

 

Máis información:

Área de Captación de Alumnado
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal