Xornada de Orientación Universitaria
Para amosar a súa oferta académica, a Universidade de Vigo organiza o vindeiro 5 de febreiro de 2025 a Xornada de Orientación Universitaria, entre as 10.00 e as 13.00 h, dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior.
Ao longo desta xornada, o alumnado participante poderá visitar as mesas informativas dos centros universitarios, delegacións de alumnado e servizos para recibir detalles sobre a súa oferta académica e vida universitaria. Tamén poderán asistir ás charlas xerais.
Programa
Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Charlas informativas de carácter xeral (oferta de titulacións nos tres campus, servizos e instalacións da Universidade de Vigo):
10.00-10.30h
10.40-11.10h
11.30-12.00h
12.10-12.40h
Pavillón polideportivo Campus Vigo. 10.00-13.00 h. Visita dos postos informativos:
- Postos dos centros da UVigo
Información dos diferentes estudos ofertados na Universidade de Vigo. - Delegacións e asociacións estudantís
Atención e asesoramento sobre temas concretos da universidade e da vida universitaria. - Servizos da Universidade de Vigo
Información de deportes, voluntariado e cooperación, residencias universitarias, cultura e ocio...
A Xornada contará con actuación musical, bebida, agasallos e moito máis.
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal