Proxectos STEMbach

Imaxe de dúas rapazas cun robot


A Universidade de Vigo oferta unha serie de proxectos de investigación nas súas diferentes escolas e facultades. Estes permitiranlle ao estudantado do STEMbach desenvolver o seu proxecto e experimentar cos diferentes procedementos de investigación e os métodos científicos, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico e para desenvolver investigacións propias.

A oferta de proxectos de investigación da Universidade de Vigo para o estudantado da edición STEMbach do bienio 2019/2021, ordenados por campus e por escolas e facultades é a que se expón a continuación:
 

Campus de Ourense

Campus de Pontevedra

Campus de Vigo

 

Os centros educativos que teñan interese nalgún destes proxectos poden xestionar a súa asignación a través do enderezo electrónico da coordinación STEMbach da UVigo.

Asemade, estamos á disposición dos centros educativos para colaborar na dirección doutros proxectos de investigación non incluídos nesta listaxe. Unha vez realizada a proposta, desde a coordinación STEMbach da UVigo intentaremos atopar o profesorado adecuado para co-dirixir cada proxecto suxerido segundo a súa temática.

 

Máis información

Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 586
stembach@uvigo.gal