Un rapaz e unha rapaza revisando xuntos un panel no campus

Estadías

Estadías de estudantes

O alumnado estranxeiro que desexe vir á Universidade de Vigo para realizar parte dos seus estudos, preparar un proxecto ou redactar unha tese, pode beneficiarse de diferentes programas especialmente deseñados para dar resposta ás súas necesidades. 

Así, os programas Erasmus +, Erasmus Mundus, ISEP ou os convenios bilaterais, permitiranlles a estes estudantes matricularse na Universidade de Vigo sen pagar as taxas da institución, as cales si terá que aboar o alumnado que queira estudar nesta universidade en calidade de visitante estranxeiro.

Atopa toda a información para estudantes entrantes nesta páxina da web anterior:

Máis información

 

Estadías como persoal investigador

Ven investigar canda nós.

Saber máis

 

Docentes, profesores e profesoras visitantes e PAS visitantes

Na Universidade de Vigo recibimos tanto traballadores (PAS) como docentes do Programa erasmus + KA 107, un programa establecido pola Comisión Europea e as axencias nacionais, que son as que desenvolven as tarefas de execución orzamentaria, promoven e executan o programa a nivel nacional e actúan como enlace entre a Comisión Europea e as organizacións participantes.

Os países participantes no programa son aqueles que participan plenamente no Programa erasmus+, polo que tanto teñen establecido unha axencia nacional no seu territorio e contribúen financeiramente ao programa (os 33 países do programa son os 28 países membros da UE, Islandia, Lichtenstein, Noruega, Macedonia e Turquía) e todos os demais países serían países asociados.

A acción clave AK107 proporciona dous tipos diferentes de apoio á mobilidade (bolsas e axudas para viaxes) con cantidades que varían en función da distancia entre a universidade de orixe e a de destino.

Se queres vir facer unha estadía con nós, por favor ponte en contacto coa Oficina de Relacións Internacionais.