Estudantes na porta dunha facultade ao lado dunha árbore

Guieiro para elixir grao

1. Empeza con tempo e non te desanimes


Non decidas a última hora e non penses que a decisión que tomes agora vai marcar toda a túa vida. Non pasa nada por equivocarse.

 

2. Coñécete a ti mesmo


Que che gusta? Que non che gusta? 
Podes realizar algún destes test de orientación que che ensinamos a continuación. Non teñen que determinar a  tua decisión pero, se non sabes por onde empezar, vanche ser moi útiles para centrarte no importante e reducir opcións. 

 

3. Descubre as profesións e os graos que mellor che van


Analiza as profesións actuais e as novas carreiras universitarias. Mira a túa contorna, fíxate nas profesións que te rodean e pensa se te ves facendo iso no futuro. Pregunta aos teus coñecidos en que consiste o seu traballo.