Oferta formativa

Que estudar?

 

Na Universidade de Vigo temos unha gran variedade de estudos repartidos nos tres campus: Ourense, Pontevedra e Vigo. Podes atopar graos das cinco grandes áreas de coñecemento, dobres graos internacionais, mestrados cos que especializarte nunha profesión ou continuar a túa laboura investigadora ata chegar aos nosos doutoramentos. E tamén podes vir estudar con nós se es maior de 55 anos e queres matricularte no Programa para Maiores.

Ademais, temos convenios asinados con moitas universidades a nivel internacional, polo que se procedes dunha universidade estranxeira tamén che facilitaremos as cousas.

Escollas os estudes que escollas, verás que para nós a práctica tamén ten un peso moi importante na formación, que as materias en todos os graos teén unha parte práctica moi importante e que ademais temos diferentes opcións e convenios para realizar prácticas en empresas durante a túa carreira. Ademais, ofertamos bolsas de formación apra que colabores con diferentes áreas da universidade durante a túa etapa connosco.

Tamén sabemos o importantes que son os idiomas e no noso Centro de Línguas poderás aprender case calquera da túa escolla: chinés, ruso, inglés... Apúntate aos nosos tandems de conversa con estudantes Erasmus ou estuda algunhas das túas materias en inglés e practica a diario.  Queremos que a túa formación sexa o máis completa posible.

 

Ver toda a nosa oferta formativa

 

Estudante cunha carpeta dirixíndose a un edificio no campus de Vigo