Outras feiras e xornadas

Feira Internacional de Estudos de Posgrao

A Feira Internacional de Estudos de Posgrao (FIEP) ten como obxectivo proporcionar orientación académica a persoas que teñan a intención de cursar estudos de máster e doutoramento.

PÁXINA WEB DA FEIRA


I Feira de estudos en España para Portugal

A Universidade de Vigo participa na I Feira virtual Estudar en España en Portugal (I Feria EeE Portugal) organizada polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) a través da súa Unidade de Internacionalización da Educación Superior Española.

O obxectivo deste evento é dar a coñecer a nosa oferta formativa de grao e de posgrado ao futuro alumnado de Portugal que desexe cursar estudos na nosa institución.

Inscrición


Uniferia Máster

A Universidade de Vigo participou, entre o 2 e o 4 de marzo de 2021, na segunda edición de Uniferia Máster, a feira virtual de estudos de mestrados das universidades españolas.

Ademais de toda a información sobre a oferta formativa e os servizos da nosa universidade, o estudantado tivo a oportunidade de consultar as súas dúbidas a través dun chat en vivo.

Información

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal