Xornada sobre a carreira investigadora

I Xornada sobre a carreira investigadora na UVigo

 

Se tes interese en recibir información de primeira man sobre como formar parte da comunidade investigadora da UVigo, convidámoste á xornada Coñece a carreira investigadora na UVigo, que terá lugar o 26 de febreiro, de 12:00 a 13:30 horas. Realizarase presencialmente na sala 1 do Edificio Miralles (campus de Vigo) e poderase seguir a través de Campus Remoto (acceso estudantado e sen contrasinal). 

A Universidade de Vigo organiza a primeira edición deste evento para informar sobre os pasos para chegar a ser investigador/a, os itinerarios, a estrutura, as características e as oportunidades que lle proporciona a Universidade de Vigo a todas as persoas interesadas en desenvolver a súa carreira investigadora na nosa institución.

Programa

12.00 h Apertura
Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
12.10 h Presentación da carreira investigadora
Escola Internacional de Doutoramento (EIDO)
12.40 h Presentación
Asociación de Persoal Investigador da Universidade de Vigo (APIUVigo)
13.10 h Quenda de preguntas
13.30 h Peche

Ao final da xornada servirase un aperitivo para fomentar o contacto entre as persoas asistentes.

Vídeo da xornada
 

 

Máis información:

Área de Captación de Alumnado
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal