Xornada de orientación sobre mestrados

Se estás cursando o último ano dun grao ou che interesa realizar un dos nosos mestrados, convidámoste a conectarte o mércores 27 de maio ás nosas xornadas de orientación sobre mestrados. Poderás coñecer a oferta formativa da Universidade de Vigo e todos os requisitos de admisión e de matrícula. A conexión farase a través de Campus Remoto sen necesidade de contrasinal.
Programa 2026
| 12.00 h | Benvida |
| 12.05 h | Presentación da oferta formativa |
| 12.40 h | Preinscrición, acceso e matrícula |
| 13.15 h | Quenda de preguntas |
| 13.30 h | Fin da xornada |
#ConectaCoaUVigo!
Edicións anteriores
De seguido poñemos á túa disposición os vídeos das anteriores edicións das xornadas organizadas pola Área de Captación e o Servizo de Posgrao:
Máis información:
Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal




