Xornada de orientación sobre programas de doutoramento

Se queres recibir información de primeira man sobre a oferta de doutoramento da UVigo e coñecer todos os requisitos de admisión e de matrícula, convidámoste á Xornada de orientación sobre programas de doutoramento. Será o mércores 27 de maio, de 10.00 a 11:30 horas, a través de Campus Remoto (sen contrasinal).
Programa
| 10.00 h | Benvida |
| 10.05 h | Presentación da oferta formativa |
| 10.40 h | Preinscrición, acceso e matrícula |
| 11.15 h | Quenda de preguntas |
| 11.30 h | Fin da xornada |
#ConectaCoaUVigo!
Máis información:
Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal




