Axudamoste a elixir

Orientámoste

O proceso de decidir que facer leva tempo. Non hai que agardar a última hora, hai que pensar tranquilamente no que nos gustaría estudar, buscar información e asumir que isto require un certo esforzo. Ánimo!

Tes que saber que a decisión que tomes agora, por moi importante que sexa, non vai marcar toda a túa vida. É necesario reflexionar e decidir, sabendo que non pasa nada por equivocarse.

Lembra que non estás só. A Sección de Información a Estudantes (SIE) está creada para axudarche. Se o precisas, podemos botarche un cabo. Aquí tes a nosa información de contacto:

Sección de Información a Estudantes

Estamos no Edificio Miralles. Campus Universitario, s/n 36310 , Vigo.
sie@uvigo.es |+34 986 813 630 | +34 986 813 755

Algunhas cousas que pode que che axuden

1. Empeza con tempo e non te desanimes

2. Coñécete a ti mesmo

    Que che gusta? Que non che gusta? 


Podes realizar algún destes test de orientación que che ensinamos a continuación. Non teñen que determinar a  tua decisión pero, se non sabes por onde empezar, vanche ser moi útiles para centrarte no importante e reducir opcións. 
 

 

3. Investiga profesións e graos

Investiga as profesións actuais e as novas carreiras universitarias. Mira a túa contorna, fíxate nas profesións que te rodean e pensa se te ves facendo iso no futuro. Pregunta aos teus coñecidos en que consiste o seu traballo.

Ao longo de todo o curso académico, a UVigo organiza charlas de orientación e visitas dirixidas a estudantes de centros de educación que así o soliciten.

Tanto unhas como as outras sirven para facilitar a transición dende bacharelato/FP á universidade, proporcionando ao estudantado toda a información necesaria para coñecer as titulacións e os servizos da universidade así como sobre o acceso á mesma.

Contidos:

  • Charlas: Xerais (acceso, matrícula, instalacións e servizos, oferta académica….) e específicas (pretenden profundizar no coñecemento dun determinado grao)
  • Visitas: pódense realizar nos tres campus.

Campus de Vigo, organízanse por áreas de coñecemento:

  • Área Humanística e Xurídico-Social – Facultade de Filoloxía e Tradución, Facultade de CC Xurídicas e do Traballo e Facultade de CC Económicas e Empresariais
  • Área Tecnolóxica – Escola de Enxeñaria Industrial, Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Área Científica – Facultades de Bioloxía, CC do Mar e Química.

Campus de Ourense:

  • Escola Superior de Enxeñaría Informática e Facultades de Ciencias, CC da Educación, CC Empresariais e Turismo, Dereito Historia

Campus de Pontevedra:

  • Escola de Enxeñaría Forestal e Facultades de Fisioterapia, Belas Artes, CC da Educación e do Deporte e CC Sociais e da Comunicación.

Solicitude: debes encher e enviarnos o formulario correspondente cunha antelación de 20 días.

 

Vídeos sobre as titulacións: En que consisten e opinións do alumnado 

Se queres saber algo máis sobre cada grao, podes ver os vídeos das titulacións que máis che interesen en UVigoTV. 

Ver os vídeos