Descubrir o noso legado

Cíes Islands

Descubrir os nosos campus

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo pon ao dispor de quen queira gozar das paisaxes un conxunto de roteiros polos campus universitarios. Lembra levar roupa e calzado adecuados ás condicións meteorolóxicas previstas.

Explora as cidades (Vigo, Ourense e Pontevedra)

Ourense, Pontevedra e Vigo son cidades encantadoras, cheas de monumentos, de historia e, por suposto, de Universidade.

Xunto ao seu encanto, as súas numerosas actividades culturais e recreativas convértenas en grandes cidades para explorar, e nun magnífico destino para estudantes e investigadores de todo o mundo. Ofrecen un amplo abanico de actividades culturais, como festivais de teatro, cinema, poesía, música e danza, e sorprendentes paisaxes que explorar.

Descubre máis en:


Ourense

Pontevedra

Vigo


Galicia

Podes atopar todos os recursos turísticos desde a nosa web ou desde o teu móbil. Turismo rural galego, experiencias en plena natureza, roteiros turísticos, bosques, patrimonio oculto e, por suposto, o Camiño de Santiago; todo por descubrir.