varias persoas diante da ECIMAT

Visitas

Ofrecemos visitas para coñecer os campus e están orientadas dende diferentes perspectivas. Pódense realizar nos tres campus tanto visitas académicas como de sensibilización e educación ambiental (ecolóxico-paisaxísticas).

 

Visitas académicas


Campus de Vigo, organízanse por áreas de coñecemento:

  • Área Humanística e Xurídico-Social – Facultade de Filoloxía e Tradución, Facultade de CC Xurídicas e do Traballo e Facultade de CC Económicas e Empresariais
  • Área Tecnolóxica – Escola de Enxeñaria Industrial, Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Área Científica – Facultades de Bioloxía, CC do Mar e Química.

Campus de Ourense:

  • Escola Superior de Enxeñaría Informática e Facultades de Ciencias, CC da Educación, CC Empresariais e Turismo, Dereito Historia

Campus de Pontevedra:

  • Escola de Enxeñaría Forestal e Facultades de Fisioterapia, Belas Artes, CC da Educación e do Deporte e CC Sociais e da Comunicación.

 

SOLICITA UNHA

 

Sensibilización e educación ambiental


Excursión no campus da UVigo

Excursión de nenos no campus da UVigo

Están organizadas pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo, que promove a sensibilización e educación ambiental a partir de programas educativos, itinerarios ambientais e outros labores semellantes.

Unha das actividades máis recurrentes é a realización de rutas ambientais polo campus de Vigo para os nenos e as nenas dos colexios que así o soliciten. Estas rutas están pensadas para convivir coa naturaleza nun entorno propicio para elo. En segundo lugar, dende a OMA plantéxanse rutas polo campus de Vigo e polo campus de Ourense co fin de que calquera persoa interesada poda realizalas. En terceiro lugar, a OMA leva a cabo campañas específicas de concienciación e sensibilización nas que trata de involucrar a maior cantidade de xente posible. Para lograr este fin, a OMA organiza diversos eventos ao largo do ano tendo en meten as celebracións anuais relacionadas coa sostibilidade e a natureza.
 

Queres solicitar unha visita para o teu colexio?

Chama ao +34 986 81 38 83
Ou escribe a oma2@uvigo.es