
Xoves para xoves
A Universidade de Vigo, o Consello Social da Universidade de Vigo e a ONG Helsinki España-University Network organizan, por primeira vez en Vigo, un curso para converterse en persoas formadoras voluntarias en dereitos humanos e obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) para o proxecto Xoves para xoves.
- Lugar: sala I do Edificio Miralles, campus universitario, 36310 Vigo
- Datas: do 10 ao 14 de decembro de 2018
- Horario: de 15.00 a 20.00 h
- Persoas destinatarias: estudantes menores de 30 anos matriculados en calquera titulación da Universidade de Vigo (50 prazas)
Despois desta preparación, os voluntarios e voluntarias impartirán, en parellas, catro sesións de formación en dereitos humanos e ODS nun centro escolar da provincia de Pontevedra, en horario lectivo, durante o primeiro cuadrimestre do ano 2019.
A asistencia recoñecerase academicamente con 23 horas ECTS
Xoves para xoves é un proxecto de voluntariado universitario para promover a educación dos dereitos humanos e os ODS en centros escolares.
Obxectivo xeral
Contribuír ao desenvolvemento dunha cultura universal dos dereitos humanos na que a mocidade coñeza os seus propios dereitos e as súas obrigas;como membros responsables dunha sociedade libre e pacífica, pluralista e inclusiva.
Obxectivos específicos
1. Mellorar o coñecemento e as ferramentas dos mozos e mozas universitarios para que se convertan en promotores activos da defensa e o respecto dos dereitos humanos.
2. Espertar o interese dos nenos e nenas en idade escolar cara a valores como a tolerancia, o respecto, a non discriminación e a igualdade que derive en cambios reais de valores e actitudes.
3. Fomentar o voluntariado como ferramenta de participación xuvenil e mecanismo para a promoción, protección e realización dos dereitos humanos.
Inscrición
Podes inscribirte aquí ata o 7 de decembro
Programa
Luns, 10 de decembro
15.00-15.30 h | Inauguración e conmemoración do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. |
15.30-17.00 h | Principios de dereitos humanos, valores subxacentes e protección. Susana Álvarez González, Área de Filosofía do Dereito, Facultade de Dereito, Universidade de Vigo |
17.00-17.15 h | Pausa |
17.15-18.45 h | Principais textos reguladores dos dereitos humanos e a súa protección. Laura Movilla, Área de Dereito Internacional Público, Facultade de Dereito, Universidade de Vigo |
18.45-19.00 h | Pausa |
19.00-20.00 h | Reparto do material. María Jaén, secretaria xeral de Helsinki España e Ángela Suárez, coordinadora do proxecto Xoves para Xoves Helsinki España |
Martes, 11 de decembro
15.00-16.30 h | Axenda 2030. Plan e chamamento mundial. María Jaén, secretaria xeral, Helsinki España |
16.30-17.30 h | Correlación entre os dereitos humanos e os obxectivos de desenvolvemento sostible. María Jaén e Ángela Suárez, Helsinki España |
17.30-18.00 h | Pausa |
18.00-19.00 h | Regulación e sostibilidade en pesca e actividade marítima. ODS 14. Manuel Varela, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Universidade de Vigo |
19.00-20.00 h | Emprego infantil en ámbito pesqueiro. Piratería. Belén Sánchez, Área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Facultade de Dereito, Universidade de Vigo |
Mércores, 12 de decembro
15.00-16.30 h | Tolerancia, non discriminación. Antonio Heredero, avogado, Fundación Balms |
15.00-16.30 h | Pausa |
17.00-19.00 h | Acoso. Redes sociais. Carmen Jordá, experta en ciberseguridade |
19.00-20.00 h | Dinámicas. María Jaén e Ángela Suárez, Helsinki España |
Xoves, 13 de decembro
15.00-16.30 h | Desigualdade e pobreza. Alba Bugarín, técnica da Oficina de Voluntariado, Concello de Vigo |
16.30-16.45 h | Pausa |
16.45-18.15 h | Refuxiados. Inmigración. Caso Rohingya. Ana Pardo, traballadora social, Asociación Provivienda |
18.15-18.30 h | Pausa |
18.30-20.00 h | Reparto de centros escolares y dinámicas. María Jaén e Ángela Suárez, Helsinki España |
Venres, 14 de decembro
15.00-18.30 h | Igualdade de xénero. Dinámicas. Celia Garrido, experta en xénero |
18.00-19.00 h | Igualdade de oportunidades. ODS 5. Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo |
19.00-20.00 h | Dinámicas. Ángela, coordinadora do proxecto Xoves para xoves, Helsinki España |
20.00 h | Fin das xornadas. |
Máis información:
Área de Responsabilidade Social e Cooperación
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación
+34 986 130 222
direc.rsco@uvigo.es